Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2015

Das manobras xudiciais de Edgewater

Imaxe
En relación coa comunicación de Edgewater Exploration do 21 de outubro “Edgewater Responds to Galician Government Statements Concerning its Mining Concessions at the Corcoesto Gold Project, Spain”, relativa ás actuacións xudiciais pola Resolución de caducidade das Concesións de Corcoesto, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, quere salientar: 1.- Que a Comisión Europea ao través da Comisaria C. Malmstron, a unha pregunta da eurodeputada Lidia Senra Rodríguez (GUE/NGL) realizada en outubro, respondeu en decembro de 2014 o seguinte (resposta traducida ao galego): “Ningunha empresa canadense pode actualmente invocar o Acordo Económico e Comercial Global (AECG) con Canadá para impugnar unha decisión referente ao seu investimento, nin presentar reclamacións por danos patrimoniais, dado que este acordo non está en vigor. O AECG entrará en vigor unha vez finalicen os respectivos procedementos de aprobación por parte de Canadá e da UE. No caso da UE, requi

As vosas vaguedades, cumprido fin terán

Imaxe
A Xunta de Galicia resolve que as concesións mineiras de Corcoesto están caducadas, remata así unha loita popular, cunha nova vitoria na loita de resistencia contra a megaminaría destrutiva.   O Grupo parlamentar da Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) remata de comunicar á Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños que a Xunta de Galiza, despois de estudar as alegacións presentadas por Mineira de Corcoesto (Edgewater Exploration) e de desestimar o recurso de Edgewater contra a denegación do proxecto de explotación de ouro na mina de Corcoesto, proxecto mineiro que xerou unha fortísima contestación social non só na Galiza senón cunha moi importante repercusión internacional: A Xunta de Galiza ACORDOU DECLARAR A CADUCIDADE DAS CONCESIÓNS MINEIRAS DAS EXPLOTACIÓNS “Emilita, nº1221, “ Cidade de Landró” nº 1454 e “Cidade de Masma”, nº 1455, da titularidade de Mineira de Corcoesto SLU. Estas explotacións constitúen o núcleo fulcral da pretend

Manifestación en Vigo contra o TTIP

Imaxe
O vindeiro sábado, 10 de Outubro, marcará o día de inicio para a Semana de loita contra os tratados de libre comercio: TTIP, TPP, CETA e TISA. Centos de localidades están convocadas a unha mobilización global que dará continuidade á que xa se celebrou o pasado 18 de Abril. Dende o 1 ao 15 de outubro miles de persoas marcharán dende diferentes localidades de toda Europa, para bloquear o cumio da Unión Europea que terá lugar precisamente o día 15, en diversas protestas que se manterán ata o día 17. A manifestación galega celebrarase en Vigo, saíndo ás 20:00 horas da Praza de Independencia, para dirixirse cara a Praza de América. Desde a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños animámosvos a participar desta mobilización contra uns tratados que, de levarse adiante, terán graves consecuencias para a poboación en xeral, e moi en particular para os colectivos que loitamos na defensa do noso territorio. Vémonos en Vigo!

Desde Corcoesto con Ana Miranda

Imaxe
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños quere amosar o seu apoio á Eurodeputada galega Ana Miranda, integrante da Flotilla da Liberdade, persoa sempre comprometida con Galiza, coas loitas sociais e cos máis desfavorecidos. Ana Miranda sempre estivo ao noso lado na nosa loita contra a posta en marcha do salvaxe e destrutivo Proxecto da mina de ouro de Corcoesto. Nós tamén queremos estar ao seu lado e ao dos seus acompañantes nestes duros momentos para eles. Facemos votos para que todo se resolva favorablemente e poidan regresar a casa xunto coas súas familias, sans e salvos. Os nosos mellores desexos e o noso agarimo para todos eles desde Corcoesto.

III Milladoiro por Corcoesto

Imaxe
Os milladoiros eran cheas de pedras colocadas ao pé dalgúns camiños ou cruces de camiños. En moitos lugares existía a tradición de que cando un camiñante pasaba por un determinado lugar, debía botar unha pedra máis á chea, de modo que co paso dos séculos, algúns milladoiros son dunha altura considerable, e formados por miles e miles de pedras. Está moi estendida a opinión de que podería ser unha cristianización dun culto prerromano ás divindades dos camiños das que fala Estrabón, e que se mantivo con forza en época romana grazas ao sincretismo cos deuses viarios. Na loita contra a mina de Corcoesto, en Xuño de 2013 fíxose un acto lúdico cultural na Carballeira de Santa Mariña (Corcoesto) que rematou co levantamento dun MILLADOIRO multicolor, a barbarie pro mina destruíuno aos poucos días. No ano 2014 outra vez a veciñanza da comarca levantou de novo outro MILLADOIRO, que igualmente foi destruido aos poucos días pola barbarie pro mineira. Estes feitos leváronnos a

Vivir de pe. Pobos na defensa da terra: As Encrobas-Corcoesto

Imaxe
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños organiza un encontro entre As Encrobas (Cerceda) e Corcoesto (Cabana de Bergantiños) o vindeiro sábado 25 de Abril ás 18 horas no Forum de Carballo. O acto consistirá na Proxección do documental “As Encrobas a ceo aberto“. Tendo lugar a continuación unha charla coloquio na que participarán: Xosé Bocixa, realizador do documental. María Pardo, veciña de As Encrobas.   Lola de Baralláns, veciña de Corcoesto. Paco García, voceiro da Plataforma. Separadas por case 40 anos, estas dúas loitas emblemáticas na defensa da nosa terra e das súas xentes, teñen moito en común: a loita contra o capitalismo depredador e o neo-colonialismo das empresas multinacionais. No ano 1975 iniciouse na parroquia rural de As Encrobas, situada no concello coruñés de Cerceda, un conflito agrario que, polo significado que acadou no contexto da fin do franquismo e dos primeiros momentos da transición democrática española, tivo unha gran

Vigo, 18A: Día de acción global contra os tratados de libre comercio e investimentos.

Imaxe
“As persoas e o Planeta antes que o Capital!” será o lema baixo o cal se mobilizará a cidade olívica o vindeiro 18 de Abril que acollerá a mobilización central de Galiza. A campaña Non ao TTIP integrada por ADEGA, A Cova dos Ratos, ACOUGA, ANOVA Vigo-Mos, Asemblea de Movementos Sociais de Vigo, BNG, CIG, ContraMINAcción, Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres, Democracia Real Xa-Vigo, DesPensa, Entremos na Panificadora, ECOAR))), EQUO Galiza, Esquerda Unida, Horta Comunal de Donas, Moeda Social Val Miñor, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Podemos Vigo, RSP-Vigo, TANKOllectif e Verdegaia, convocan a toda a cidadanía e organizacións a mobilizarse o vindeiro 18 de Abril. Vigo sumarase aos millóns de voces que sairán ás rúas en decenas de países de catro continentes no Día de Acción Global Contra os Tratados de Libre Comercio e Investimentos baixo o lema “As persoas e o Planeta antes que o Capital!”. As diferentes accións e mobilizacións son a

Galeano

Imaxe

O Pleno de Carballo aproba a nosa moción sobre caducidade dos dereitos mineiros

Imaxe
O pasado luns debateuse no pleno municipal de Carballo a moción sobre a caducidade dos dereitos mineiros de Corcoesto que foi presentada a ese Concello pola nosa Plataforma. A moción, asumida e presentada polo BNG, xa que a Plataforma non ten entidade xurídica para presentar mocións nos Concellos, foi aprobada cos votos de BNG e PSOE, a abstención do TEGA e os votos en contra do PP. Nela recóllese a solicitude á Xunta de Galicia da incoación urxente do procedemento para a caducidade dos dereitos mineiros do proxecto de Corcoesto.   En representación do Partido Popular, Núñez Centeno reiterou o seu apoio ao proxecto, afirmando que se chega unha empresa solvente e con garantías vai ter o camiño libre pola súa parte.  Como podedes ver nas imaxes do noso compañeiro Nacho Gándara, un numeroso grupo de activistas da nosa Plataforma estivo presente durante o debate da moción, apoiándoa coa súa presenza. Texto da solicitude de caducidade dos dereitos mineiros presentad

Día mundial de acción - 18 de abril de 2015. Non aos TTIP!

Imaxe
Desde a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, apoiamos a chamada a celebrar o día de acción global contra os Tratados de Libre Comercio. A continuación reproducimos a mensaxe do blogue globaltradeday, que podedes visitar pinchando aquí. AS PERSOAS E O PLANETA ANTES QUE O CAPITAL Chamamento de acción global para deter os Tratados de libre comercio e investimentos. Nós, organizacións da sociedade civil, sindicalistas, labregas e labregos, xente moza, activistas de movementos de tódalas partes do mundo, chamamos a un Día global de acción a realizarse o 18 de abril de 2015, co fin de parar os acordos de libre comercio e investimentos, e promover unha economía que funcione para as persoas e o medio ambiente. Ao longo das últimas décadas, as empresas transnacionais e os gobernos impulsaron tratados de libre comercio e investimentos a costas da cidadanía, vulnerando os nosos dereitos e os do medio ambiente. Ao longo das últimas décadas, loitamos pola soberanía alime

Xornadas: recuperar a soberanía, desarmar o TTIP

Imaxe
A finais deste mes marzo darán comezo as xornadas “RECUPERAR SOBERANÍA, DESARMAR O TTIP”. Trátase dunha serie de actividades abertas a toda a cidadanía, e enmarcadas na campaña global STOP TTIP.  O obxectivo fundamental desta iniciativa e fomentar a análise e difusión das nefastas consecuencias que os tratados de libre comercio (TTIP, TISA, CETA…) poden ter tanto para as persoas como para a biodiversidade. As xornadas, organizadas por ECOAR, compóñense dun ciclo de catro conferencias e unha videoconferencia realizadas por especialistas de diversos eidos, así como outras actividades: videodebate, charlas, proxeccións… O programa previsto é o seguinte: Xoves 26 de Marzo de 2015 (Vigo) Conferenciante: Susan George (activista, escritora, científica socio-política e presidenta da Xunta do Transnational Institute (TNI) Sábado 4 de Abril de 2015 (Vigo) Conferenciante: Albano Dante Fachín (activista e editor de Café amb Llet) Xoves 9 de Abril de 2015 (Santiago de Compostela)

Estamos con Máxima!

Imaxe
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños solidarízase coa loita de Máxima Acuña fronte a multinacional mineira Yanacocha Desde a Plataforma estamos con Máxima Lonxe de ser unicamente unha causa legal, o caso Máxima contra Yanacocha (filial de NewmontMining ) está no centro dun problema político que sacudiu Cajamarca e o Perú nas últimas décadas: a relación entre os grandes investimentos mineiros e os dereitos das familias e comunidades campesiñas que non desexan o desenvolvemento de actividades extractivas na súa contorna. Unha vez un mineiro díxolle a Máxima Acuña que se estaba ao lado da mina ía ter o ceo, pero que se se puña en contra ía terminar esmagada, tal como un elefante esmaga a unha formiga. A súa casa queda fronte á Lagoa Azul, unha das lagoas que serán afectadas o Proxecto Mineiro Conga e que forma parte da cabeceira de conca de Celendín: esta lagoa é o corazón de moitos ríos que irrigan o campo onde miles de campesiños sementan e cultivan

Importante resposta da Comisión europea sobre a reclamación de Edgewater

Imaxe
Reproducimos, polo seu interese, a pregunta realizada no Parlamento Europeo pola eurodeputada de AGE Lidia Senra, así como a resposta da Comisión. Nelas queda claro que a empresa Edgewater non ten dereito algún a reclamar indemnización polas posibles perdas derivadas da denegación do seu proxecto.  É,por tanto, unha nova estocada para Mineira de Corcoesto. PREGUNTA PARLAMENTAR: Perguntas Parlamentares (Parlamento Europeu, Comissão) 9 de outubro de 2014, E-007767-14 Pergunta com pedido de resposta escrita à Comissão, Artigo 130.° do Regimento Lidia Senra Rodríguez (GUE/NGL) Assunto: Acordo CETA e empresa Edgewater na Galiza O CETA estabelece mecanismos que conferem às multinacionais o direito de apresentar exigências aos governos, quando estes tomam decisões que considerem que afetam os seus negócios. Na Galiza, a empresa canadiana Edgewater pretende obter autorização do governo galego para a exploração mineira de ouro, afe

Edgewater perde os dereitos mineiros de Corcoesto

Imaxe
A lei de acompañamento aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, prevé a caducidade dos dereitos mineiros cando se denegue a autorización de explotación. A publicación o pasado día 30 de decembro no Diario Oficial de Galicia da lei 12/2014, de 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, supón un novo e duro golpe para as pretensións da empresa canadense Edgewater e a súa filial, Mineira de Corcoesto, sobre a explotación da mina de ouro no Concello de Cabana de Bergantiños. Esta lei de acompañamento aos orzamentos da comunidade autónoma de Galicia, recolle unha modificación da lei 3/2008 de ordenación da minaría de Galicia, á que engade unha disposición transitoria segunda que remata definitivamente coas expectativas de Edgewater sobre o proxecto mineiro de Corcoesto. Nesta nova disposición  recóllese que as concesións mineiras reguladas pola Lei da minaría de 1973, ás que se lle denegue a autorización de explotación por calquera das causas legais, de