Publicacións

Mostrando publicacións desta data: October, 2014

II Encontros galegos sobre os impactos da minaría

Imaxe
Os II Encontros galegos sobre os impactos da minaría celebraranse nesta ocasión en Lugo.
Neles participará un membro da nosa Plataforma, Paco García Trigo. 
Aquí podedes ver o cartaz co programa do evento:


Para máis información

Mina de Mongolia Massive pon en perigo a augua dos nómades e o seu sistema de vida.

Imaxe
A compañía Río Tinto, xigante da minaría, xestiona a mina mongola de Oyu Tolgoi, o maior depósito de cobre do mundo e un xacemento de especial importancia estratéxica. A compañía anglo-australiana, que xa se viu no punto de mira das críticas a causa de cargos por contaminación ambiental nos seus proxectos mineiros de Indonesia e Papúa Nova Guinea, volve a poñer en risco o medio ambiente, esta vez en Mongolia. Os habitantes do lugar temen que a explotación mineira poña en risco as súas reservas de auga para o futuro. 
Os acuíferos veranse alterados debido ás inxentes cantidades de auga requiridas para o procesado dos minerais. Un panorama que provoca o desasosego na poboación do lugar, por medo a que a explotación mineira poña en risco as súas reservas de auga para o futuro, e o seu modo de vida tradicional. Ler máis (en inglés)

Edgewater lanza globo sonda para ocultar a súa extrema debilidade

Imaxe
Edgewater e Mineira de Corcoesto lanzan un globo sonda para ocultar a súa extrema debilidade financeira.
As contas anuais do 2013 de Mineira de Corcoesto revelan o incumprimento da normativa contable española por non amortizar os activos intanxibles. O rexistro contable dunha única cota de amortización destes activos por parte de Mineira de Corcoesto, S.L., situaría á empresa en causa de disolución obrigatoria prevista na Lei de Sociedades de Capital.


A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños considera o anuncio das negociacións de Edgewater cun grupo empresarial español para retomar o proxecto mineiro de Corcoesto, un globo sonda para ocultar a súa extremada debilidade financeira e tratar de mellorar as perspectivas de cotización da empresa cuxo valor en bolsa está afundido desde outubro de 2013, cando o Presidente da Xunta anunciou no Parlamento a paralización definitiva do proxecto por incumprir as garantías técnicas e económicas. A capitalización en bolsa da matriz…

Non máis minas tóxicas en Europa! Campaña Bang! Ban Cyanide

Imaxe
Reproducimos o comunicado de prensa da coalición Bang¡ Ban Cyanide, da que facemos parte e que foi presentada simultaneamente o 29 de setembro en tódolos países que partillan a coalición, coincidindo coa audiencia ao candidato a comisario de Medio Ambiente da C.E., K. Vella, diante da Comisión ENVI do Parlamento Europeo:

Non máis minas tóxicas en Europa!
29 de setembro de 2014 As grandes minas de ouro ao descuberto están en alza en toda Europa. Isto é algo que a cidadanía da UE, en xeral, ignora, pero os metais utilizados nos computadores, dispositivos electrónicos e teléfonos móbiles teñen que vir dalgún sitio. A minería moderna mutila o  ambiente, produce contaminación por un longo período de tempo, utiliza grandes cantidades de produtos químicos altamente tóxicos como o cianuro e tamén, con frecuencia, despraza comunidades enteiras.

Somos unha coalición europea de organizacións non gobernamentais, grupos de acción e comunidades de Bélxica, Bulgaria, Finlandia, Francia,…