Publicacións

Mostrando publicacións desta data: March, 2013

A Universidade de Vigo non apoia o proxecto mineiro de Corcoesto

Imaxe

Industria e Enerxía denega información pública das concesións mineiras

Imaxe
A Xunta de Galicia continúa ao ditado da empresa canadense Edgewater na tramitación da mina de Ouro de Corcoesto. O Director Xeral de industria enerxía e minas denega información pública das concesións mineiras de Corcoesto porque así o pide Edgewater.
A Plataforma pola Defensa de Corcoesto denuncia unha vez máis a conivencia entre a Xunta de Galicia e a empresa mineira de Corcoesto na tramitación -chea de irregularidades- deste proxecto para a explotación dunha mina de ouro a ceo aberto, que afecta aos Concellos de Cabana, Ponteceso e Coristanco. Se antes foi a Dirección Xeral de Conservación da Natureza a que rectificou as súas esixencias ante un escrito do xerente de Edgewater, no que pedía que non se lle obrigase á empresa a facer públicos os datos sobre os niveis de vertidos de metais pesados na fase da explotación mineira, agora sóubose que Ángel Bernardo Tahoces, o director xeral de industria, enerxía e minas, non facilita a información solicitada sobre as concesións mineiras Emil…

Resumo prensa dixital do 9 de febreiro ao 10 de marzo

Resumo da prensa dixital do 31 de xaneiro ao 8 de febreiro

O sector mineiro galego, está a cavar a súa tumba en Corcoesto?

Imaxe
O sector mineiro galego, está a cavar a súa tumba en Corcoesto?
Esta reflexión é unha carta aberta para os actores do noso sector mineiro que se están a posicionar a prol do proxecto de explotación aurífera de Corcoesto: Dirección Xeral de Industria Enerxía e Minas, Cámara Oficial Mineira de Galicia, e persoal ligado á Enxeñaría de Minas.
É un feito que as transnacionais de bandeira canadense como Edgewater Exploration Ltd, a través da súa filial Mineira de Corcoesto SL, perseguen o máximo lucro mediante a interpretación máis laxa posible da normativa ambiental, aquí como en Honduras, son as mesmas. A proposta inicial xa tivo que ser modificada neste senso1 e é posible que se volva facer, como en Salave, onde a Comisión para Asuntos Ambientais de Asturias non aceptou os lodos cianurados nin que a explotación fose a ceo aberto2. Mesmo pode rematar paralizada pola Xustiza3. Onde ficaría a credibilidade dos actores favorables mentres isto ocorre, despois de subscribiren cos ollos pechados …

Carta aberta ao alcalde de Coristanco

Imaxe
Carta ó Alcalde de Coristanco
Estimado Sr. Pensado. Son unha veciña de Cereo, aínda que fai máis de vinte anos que non vivo alí. Creo que uns poucos menos dos que vostede leva gobernando o concello. Recórdanme meus pais que unha das grandes cousas que vostede fixo, e da que toda a parroquia aínda lle segue moi agradecida, foi a traída da auga do manancial de Baralláns. Antes de entrar vostede no concello, tódolos veráns había problemas coa auga, conflitos entre os veciños e, a parte que a min máis me tocaba, moito traballo carrexando caldeiros de auga da fonte, costa arriba cara o Barreiro, para a casa e os animais. Eu tamén lle agradecín moito o seu logro. Paradoxicamente, esa auga vai ser o primeiro que desapareza cando Mineira de Corcoesto-Edgewater teña o seu visto bo para operar. O manancial de Baralláns, do que miña nai fala como se describira o ceo “a auga sae dunhas pedras brancas que é unha marabilla velas”, vai ser destruído para meter a balsa de lodos. Si, cambiamos manancial d…

Engano colectivo aos parados de Bergantiños

Imaxe

A Xunta de Galicia sométese aos ditados de Mineira de Corcoesto

Imaxe
A Xunta de Galicia sométese aos ditados de Mineira de Corcoesto E NON LLE VAI OBRIGAR A publicar en tempo real e en páxina web os parámetros de calidade das augas en tódolos puntos de vertido, tal e como pedía a D.X. de Conservación da Natureza.
A Plataforma de Corcoesto vén de ter acceso a un documento do expediente de tramitación do proxecto mineiro, no que o xerente da empresa, señor Lluis Boixet, manifesta a súa disconformidade cunha petición que se lle fixera desde a Dirección Xeral de Conservación da Natureza. No documento, que ten rexistro de entrada do día 5 de novembro, o señor Boixet afirma que a empresa non quere acollerse a unha das condicións do informe emitido polo citado organismo, en concreto a esixencia de publicar en tempo real e en páxina web os parámetros de calidade das augas en tódolos puntos de vertido. Ademais, na súa solicitude afirma o xerente da empresa mineira: “La publicación en página web y en tiempo real de la calidad de aguas en los vertidos sólo se puede c…