Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2013

O PP en Coristanco tamén dixo NON a MINA gracias a presión popular

Imaxe
Mocións contra a Mina de Corcoesto aprobadas nos concellos de Zas, Carballo e Coristanco. Se o luns eran os concellos de Carballo e Zas os que aprobaron sendas mocións contra a mina de ouro de Corcoesto e o emprego do cianuro na minaría, este mércores foi o pleno do Concello de Coristanco o que aprobou outra moción contra a mina, presentada por vía de urxencia polo alcalde Popular de Coristanco ante a presión da veciñanza. Moción no concello de Carballo Moción no concello de Zas O alcalde Pensado Plágaro, noutrora defensor da mina de Corcoesto a pesar de albergar parte da balsa de cianuro e a escombreira mineira, viuse obrigado a debater unha moción pola que se declarou a prevaleza dos usos agrícolas, gandeiros e forestais sobre os mineiros para as parroquias do Concello. A moción aprobada por unanimidade, insta á Xunta de Galicia a rexeitar de xeito definitivo os permisos de investigación en trámite relativos ás concesións mineiras que abarcan a meirande parte do se

O Alcalde de Cabana volta a denegar o uso do Auditorio municipal.

Imaxe
Os pasados meses de Maio e Xuño o Alcalde de Cabana denegou o permiso de utilización do Auditorio para a celebración dun acto informativo en 10 ocasións.O pasado 14 de Outubro a Plataforma solicitou de novo o Auditorio de Cabana para catro datas posíbeis dese mes e do mes de Novembro. Denegación uso Auditorio Cabana Anteriormente os motivos aducidos para a denegación do uso deste espacio foron as actividades xa planificadas, sen facilitarnos nunca datas alternativas, pero desta volta o Alcalde opta polo silencio administrativo e non contesta á solicitude nin a reiteración da mesma que fixemos o pasado 13 de Novembro. O Alcalde de Cabana, Xosé Muíño, cada vez ten unha maior contestación social ben pola mina de Corcoesto, ben pola suba de tarifas no suministro da auga, ben polo aumento de impostos municipais ( saneamento, alcantarillado,....) ou mesmo sendo albo de denuncias xudiciais por posíbeis delitos contra a saúde pública por non poñer os medios para impedir o consumo hu

A Drenaxe Ácida de Minería

Carmen Varela Busto Doutora en Química Orgánica O proceso coñecido como Drenaxe Ácida de Minería (DAM) é un dos problemas máis serios asociados ás actividades mineiras xa que pode contaminar con augas ácidas os ecosistemas e matar moitos organismos como consecuencia dun cambio de pH no seu hábitat. A auga ácida pode tamén incrementar o proceso de desgaste da rocha, disolvendo e liberando os metais pesados e o arsénico que están contidos nela. Estes metais pesados e arsénico poden ser aínda máis nocivos que a propia auga ácida.  As rochas que conteñen xofre (S), como por exemplo as piritas e arsenopiritas, cando son trituradas e expostas á auga e ó aire, liberan ácido sulfúrico. A composición da arsenopirita é 46% arsénico, 34.3% de ferro e 19.7% de xofre. Se este mineral está protexido e aillado das condicións ambientais é estable. Pola contra, se se tritura e expón ós axentes ambientais, o xofre en contacto coa auga e o aire, transfórmase en ácido sulfúrico provocando o p

RESUMO PRENSA DIXITAL PRIMEIRA QUINCENA NOVEMBRO 2013

RESUMO PRENSA DIXITAL SEGUNDA QUINCENA DE OUTUBRO 2013

Novos apoios da comunidade científica á petición para que a XUNTA prohiba o emprego de cianuro na minería

Esta semana chegamos ós 236 apoios da comunidade científica para a petición de prohibición do emprego do cianuro na minería. Coa entrega o pasado 8 de outubro ao Presidente da Xunta de Galicia do manifesto pola prohibición do  uso do cianuro na minería coa listaxe dos 160 apoios da comunidade científica e universitaria recollidos ata entón  a Sociedade Galega de Historia Natural e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños deron inicialmente  por pechada a campaña. Non embargante, a difusión posterior da campaña nos medios de comunicación e os reenvíos no seo da  comunidade científica e universitaria desencadearon unha segunda vaga de apoios que acadaron xa unha cifra moi  relevante: 76 apoios adicionais que veñen de entregarse ao Presidente da Xunta de Galicia. En total son xa 236 os apoios recollidos da comunidade científica e universitaria, adscritos a 92  Departamentos pertencentes á 20 universidades e organismos públicos de investigación, que: - Consideran que o

RESUMO PRENSA DIXITAL PRIMEIRA QUINCENA DE OCTUBRO 2013