Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Antón Sánchez

Xornadas "As diferentes vías de acaparamento de terra na Galiza"

Imaxe
Onte finalizaron as xornadas "As diferentes vías de acaparamento de terra na Galiza" , promovidas pola eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGE) , Lídia Senra, e que contou no Parlamento Europeo en Bruxelas ca participación de 55 persoas representantes de distintos colectivos e organizacións que loitan pola defensa do noso territorio .   Momento das Xornadas Nelas levouse a cabo unha exposición das problemáticas e metodoloxías de artellamento de loitas vinculadas á resistencia contra os proxectos mineiros, na que interviñeron: Francisco García Trigo en representación da nosa Plataforma , falando da loita contra a empresa canadiense Edgewater  en Corcoesto, que pretendía sacar adiante unha mina de ouro a ceo aberto que afectaría directamente a tres parroquias: Corcoesto (Concello de Cabana) Valenza e Cereo (Concello de Coristanco).Cunha poboación total directamente afectada duns 1000 veciños, polo que esta actividade medioambientalmen...

"Los Soprano"

Imaxe
Deixámosvos aquí os vídeos da última intervención no Parlamento galego do deputado de AGE, Antón Sánchez, en relación ao proxecto mineiro de Corcoesto. No primeiro deles vemos como Antón Sánchez pide ao conselleiro de Industria, Francisco Conde, que aclare se son ou non verdade unhas supostas declaracións do director do Igape, Javier Aguilera, transcritas dunhas gravacións feitas pola empresa Mineira de Corcoesto, e incluídas no recurso de reposición presentado por esa empresa. Nestas supostas declaracións o director do Igape afirmaba ter avalado o proxecto da mina a ceo aberto en Corcoesto durante unha cea coa empresa e antes de coñecer o proxecto.   Neste outro, e diante da falta dunha resposta clara por parte do Conselleiro, Antón Sánchez acúsao de "irse polos cerros de Úbeda".  O deputado remata dicindo que "...isto non é Salsa Rosa nin Sálvame de Luxe , é Los Soprano ", en clara alusión aos aparentes trapicheos habidos entre empresa e Consellerí...