Publicacións

Mostrando publicacións desta data: November, 2014

Presentación da "Guía para o descenso enerxético

Imaxe
Nova actividade pública da Plataforma pola defensa de Corcoesto e BergantiñosO Domingo 16 de Novembro ás 11 h. no Local social de Corcoesto (escola de Cures) presentamos a “Guía para o descenso enerxético, preparando unha Galiza pospetróleo" da Asociación Véspera de Nada, baixo a denominación:

Volta ao rural: Cómo sobrevivir ao fin da era da abundancia?

A presentación da mesma correrá a cargo de Xoán R. Doldán, natural de Ponteceso, profesor de Economía Aplicada da USC, coautor da guía e presidente da Asociación Véspera de Nada.
Na mesma abórdase que a civilización industrial afronta o seu colapso a causa da queda irreversible da súa base enerxética principal: o petróleo. Non hai enerxía que poida substituír o petróleo a tempo e na escala precisa para seguir termando da sociedade de consumo capitalista. Galiza, despois dun proceso recente e incompleto de industrialización, atópase con que ese modelo económico e social está a deixar de ser viable, e debe volver de novo a súa ollada a…