Publicacións

Mostrando publicacións desta data: March, 2015

Día mundial de acción - 18 de abril de 2015. Non aos TTIP!

Imaxe
Desde a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, apoiamos a chamada a celebrar o día de acción global contra os Tratados de Libre Comercio. A continuación reproducimos a mensaxe do blogue globaltradeday, que podedes visitar pinchando aquí.

AS PERSOAS E O PLANETA ANTES QUE O CAPITAL
Chamamento de acción global para deter os Tratados de libre comercio e investimentos.

Nós, organizacións da sociedade civil, sindicalistas, labregas e labregos, xente moza, activistas de movementos de tódalas partes do mundo, chamamos a un Día global de acción a realizarse o 18 de abril de 2015, co fin de parar os acordos de libre comercio e investimentos, e promover unha economía que funcione para as persoas e o medio ambiente.

Ao longo das últimas décadas, as empresas transnacionais e os gobernos impulsaron tratados de libre comercio e investimentos a costas da cidadanía, vulnerando os nosos dereitos e os do medio ambiente.

Ao longo das últimas décadas, loitamos pola soberanía alimentaria, polos…

Xornadas: recuperar a soberanía, desarmar o TTIP

Imaxe
A finais deste mes marzo darán comezo as xornadas “RECUPERAR SOBERANÍA, DESARMAR O TTIP”. Trátase dunha serie de actividades abertas a toda a cidadanía, e enmarcadas na campaña global STOP TTIP. 

O obxectivo fundamental desta iniciativa e fomentar a análise e difusión das nefastas consecuencias que os tratados de libre comercio (TTIP, TISA, CETA…) poden ter tanto para as persoas como para a biodiversidade.
As xornadas, organizadas por ECOAR, compóñense dun ciclo de catro conferencias e unha videoconferencia realizadas por especialistas de diversos eidos, así como outras actividades: videodebate, charlas, proxeccións…
O programa previsto é o seguinte:

Xoves 26 de Marzo de 2015 (Vigo) Conferenciante: Susan George (activista, escritora, científica socio-política e presidenta da Xunta do Transnational Institute (TNI) Sábado 4 de Abril de 2015 (Vigo) Conferenciante: Albano Dante Fachín (activista e editor de Café amb Llet) Xoves 9 de Abril de 2015 (Santiago de Compostela) Conferenciante: R…