Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2014

O Principado de Asturias rexeita definitivamente o proxecto mineiro de Asturgold en Tapia de Casariego

Imaxe
Desde a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños congratulámonos pola vitoria do colectivo Oro No, compañeiros de loita contra a minaría. Reproducimos, traducida ao galego, a nota de prensa enviada por Oro No aos medios de comunicación: A Plataforma ORO NO quere mostrar a súa ledicia e satisfacción pola decisión do Principado de Asturias, a través da Comisión de Asuntos Medioambientais (CAMA), de emitir unha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) desfavorable para o proxecto de Asturgold en Tapia de Casariego. ORO NO entende que non cabía outra opción máis que rexeitar o proxecto de Asturgold por non cumprir a normativa e ser inviable medioambientalmente, como quedou acreditado por informes técnicos e legais, entre eles, os da Confederación Hidrográfica do Cantábrico. Por outra parte, con esta decisión, respéctase o sentir maioritario da poboación, que vía neste proxecto unha ameaza ao seu entorno, non só ao medioambiente, senón tamén aos seus medios de vida: turismo, gan

Xornadas "As diferentes vías de acaparamento de terra na Galiza"

Imaxe
Onte finalizaron as xornadas "As diferentes vías de acaparamento de terra na Galiza" , promovidas pola eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGE) , Lídia Senra, e que contou no Parlamento Europeo en Bruxelas ca participación de 55 persoas representantes de distintos colectivos e organizacións que loitan pola defensa do noso territorio .   Momento das Xornadas Nelas levouse a cabo unha exposición das problemáticas e metodoloxías de artellamento de loitas vinculadas á resistencia contra os proxectos mineiros, na que interviñeron: Francisco García Trigo en representación da nosa Plataforma , falando da loita contra a empresa canadiense Edgewater  en Corcoesto, que pretendía sacar adiante unha mina de ouro a ceo aberto que afectaría directamente a tres parroquias: Corcoesto (Concello de Cabana) Valenza e Cereo (Concello de Coristanco).Cunha poboación total directamente afectada duns 1000 veciños, polo que esta actividade medioambientalmen

Participamos nas xornadas: "As diferentes vías de acaparamento de terra na Galiza", en Bruxelas

Imaxe
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños intervirá no Parlamento Europeo os días 10 e 11 de Decembro A nosa Plataforma foi convidada por Lídia Senra, Deputada da Alternativa Galega de Esquerda en Europa, integrada no GUE/NGL, a participar nunhas Xornadas no Parlamento Europeo os días 10 e 11 de Decembro  co título de  “AS DIFERENTES VIAS DE  ACAPARAMENTO DE TERRA NA GALIZA” . Esta iniciativa pretende levar a Bruxelas as diferentes formas de acaparamento da terra en Galiza, e dar a coñecer as loitas que en diferentes puntos do país se están levando adiante para impedir a apropiación das terras e dos montes por empresas de todo tipo ou para grandes infraestruturas pensadas en función dos seus intereses. Calquera actuación sobre a terra debe ser a de manter a prioridade de producir alimentos e sustentar o dereito do noso pobo a Soberanía Alimentar. A actividade consistirá nun encontro no que persoas dos diferentes  colectivos explicarán como afecta o proxecto contra o

"Los Soprano"

Imaxe
Deixámosvos aquí os vídeos da última intervención no Parlamento galego do deputado de AGE, Antón Sánchez, en relación ao proxecto mineiro de Corcoesto. No primeiro deles vemos como Antón Sánchez pide ao conselleiro de Industria, Francisco Conde, que aclare se son ou non verdade unhas supostas declaracións do director do Igape, Javier Aguilera, transcritas dunhas gravacións feitas pola empresa Mineira de Corcoesto, e incluídas no recurso de reposición presentado por esa empresa. Nestas supostas declaracións o director do Igape afirmaba ter avalado o proxecto da mina a ceo aberto en Corcoesto durante unha cea coa empresa e antes de coñecer o proxecto.   Neste outro, e diante da falta dunha resposta clara por parte do Conselleiro, Antón Sánchez acúsao de "irse polos cerros de Úbeda".  O deputado remata dicindo que "...isto non é Salsa Rosa nin Sálvame de Luxe , é Los Soprano ", en clara alusión aos aparentes trapicheos habidos entre empresa e Consellerí