Manifesto da Plataforma

Un fantasma percorre as terras de Pondal, os vales de Bergantiños, as revoltas do Anllóns, o Monte Branco, Dombate... Ese fantasma ten alento de cianuro e chámase Edgewater, empresa canadense que vén á Galiza non a construír senón a destruír, a extraer o ouro de noso para fuxir con el. Este roubo a cara descuberta é presentado polas autoridades coma unha vitoria, un proxecto estratéxico, porque Edgewater lles vai ofrecer aos “nativos” varias ducias dos empregos peor pagados e máis perigosos, como fai nas súas minas africanas.

As xentes de Bergantiños queremos industrias, a industria produtiva é o mellor índice do dinamismo económico e do emprego estratéxico dun país, igual que o espolio dos recursos é o mellor índice do desartellamento político e social, síntoma da economía entendida como ruindade.

Se a actividade económica non contribúe ao benestar do conxunto da comunidade e só uns cantos se benefician en prexuízo da maioría, e sobre todo se ese beneficio é a costa do patrimonio común, tal actividade económica é ilexítima e antisocial.

O capital sen patria ten como obxectivo único maximizar o beneficio e desafiar os límites que regulan a súa circulación, esa é a súa dinámica. No caso de Corcoesto a Xunta de Galiza fai renuncia do seu papel garantista e regulador e alíase abertamente coa empresa, retorcendo e pervertendo as normas para que se adapten ás esixencias do espoliador: o único que esixe é que cando Edgewater se vaia e quedemos co espazo físico arruinado, todo o ocorrido pareza un accidente. “A mina? Que mina?” A Xunta e os concellos afíns actúan coma un matón a soldo que non protexe senón que traizoa os seus administrados, un goberno que non ten os pés na terra, senón que se deixa arrolar pola propaganda de Edgewater e mesmo a multiplica.

Permitir que unha empresa especuladora veña destruír os nosos petóns e fragas, contaminar o Anllóns e os acuíferos subterráneos, construír balsas tóxicas como as que contaminaron o Danubio en Romanía en 2000 (idéntica á proxectada para Corcoesto), en Hungría en 2010, ou en Andalucía en 1998, para enriba fuxir co ouro co que se elaboraron os torques e as xoias dos nosos castros, empregándonos como gancho para captar investidores nos mercados internacionais, equivale a permitir que saqueen pedra a pedra o Pórtico da Gloria.

A oposición aos embustes, a defensa da terra e da sostibilidade, incluída a laboral para esta xeración e as seguintes, así como a defensa da dignidade cidadá fronte aos que nos queren tratar como unha colonia, lévannos a pedir a paralización da explotación mineira a ceo aberto de Corcoesto.




Comentarios

  1. Mariam Ferreira Golpe, tca. forestal

    ResponderEliminar
  2. Grazas polo voso apoio, engádovos ao listado.
    Difundide entre os vosos contactos, por favor!

    ResponderEliminar
  3. Nacho Jorganes Echezarreta, consignatario de buques
    Temos a obriga de coidar o legado dos nosos devanceiros e preservalo para vindeiras xeracións.

    ResponderEliminar
  4. Estefanía Lafuente Aballe, estudante.
    Sería moi triste non conseguilo pero sobretodo, non intentalo. Forzaaa!!

    ResponderEliminar
  5. Lucas Leguizamón. Defendamos o noso!

    ResponderEliminar
  6. NovaRoma,ben a dar todo o apoyo necesario,saúdos a todos os loitadores pola causa.

    ResponderEliminar
  7. Susana Caride grazas á plataforma por todos os esforzos realizados en defensa da nosa terra.

    ResponderEliminar
  8. Ana Belén Antelo Rodríguez,educación ambiental; o noso apoio dende a Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo Cíes.

    ResponderEliminar
  9. Respostas
    1. Hola, Escribo de Canal Zero para intentar contactar con algún portavoz de esta plataforma ¿Cómo puedo contactar? Atentamente Daniela Caro-EQUIPO CANAL ZERO
      dcaroa@hotmail.com

      Eliminar
  10. Manuela Ures Andrade Profesora de Instituto

    Mina en Corcoesto: non

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. ¿Profesora de instituto? Te compadezco. Es el trabajo de mayor riesgo psicosocial actualmente. Los profesores de instituto acaban todos de psiquiatra.
      Mucha fuerza que te va a hacer falta.

      Eliminar
  11. Consultor de Internet, ciberactivista e modesto aprendiz de labrego.

    ResponderEliminar
  12. Verónica (Cereo). Por suposto que NON A MINA!!!

    ResponderEliminar
  13. NON A MINA,SI OS MONTES.

    ResponderEliminar
  14. Francisco Lino de Rafeal Ramos, mestre.

    ResponderEliminar
  15. galiza verde non deixemos que acaben con ela

    ResponderEliminar
  16. Dende o grupo Contramínate de Laxe apoiamos este manifesto da Plataforma pola defensa de Corcoesto. Ben falado!!!

    ResponderEliminar
  17. Cristina Garcia Ferreiro,monitora deportiva.Hai que paralos!!, xa stamos fartos d q arruinen a nosa terra!!

    ResponderEliminar
  18. Ninguén pode ser alleo á masacre que farán no territorio si o proxecto de explotación da mina de Corcoesto vai adiante. Ergamos a voz porque somos moitos os que pensamos no NON e xuntos somos quen de paralo.
    Agora todas as adhesións, todas as voces e todas as presencias son necesarias.
    Cari Camarero-Laxe

    ResponderEliminar
  19. Zaira Caamaño Remuiñán, técnica en animación sociocultural e veciña de Bergantiños.

    ResponderEliminar
  20. Marta Viqueira Yáñez, Administrativa
    Non se pode permitir. Por favor usade o meu nome na lista de xente en contra.

    ResponderEliminar
  21. Áurea Andrade-Eiroa, bergantiñana.
    Porque anque viva lonxe da miña terra, sempre a levo conmigo.

    ResponderEliminar
  22. Mª Cristina Naya Riveiro, Profesora.
    En defensa da nosa terra!!

    ResponderEliminar
  23. Ana López Mosquera, deseñadora desempregada.

    ResponderEliminar
  24. É moi triste que non se diga nin unha soa verdade sobre este tema, nin esta Plataforma, nin a Xunta de Galicia. O que se debería pedir é que se fixesen as cousiñas ben... que nesta época que nos tocou vivir non estamos para andar xogando cos cartos, cos postos de traballo, cas inversións (aínda que sexan estranxeiras, que aquí non hai cartos! dalgún sitio terán que vir!). Que bonito e fácil é dicir: "Salvemos a nosa Terra", pois claro que si!! Galicia ben verde!! e os galegos véndoa en fotos dende lonxe porque nela morremos de fame. Non queremos naval, non queremos industria, non queremos minería, non queremos molinillos, non queremos non queremos que todo contamina??? alguén terá que dar algunha alternativa, non?, é moi gratuíto dicir Non Quero, porque NON!! E eu penso na miña avoa... que duro traballou toda a súa vida, o mal que o pasou porque o seu home estaba polas Américas, todo para darnos un mellor futuro aos seus netos, e parecía que o conseguira, todos estudiados (como di ela) para que? para ter que emigrar coma meu avó?. Todo o que se estudiou neste país... non vale para buscar solucións? para saber facer as cousas ben? Eu mellor vou calar, e vou seguir buscando traballo onde mo dean. E outra cousa, que non se use este comentario en contra nin a favor, que realmente é un desafogo...

    ResponderEliminar
  25. Grazas pola túa achega, anónimo.
    Nós non dicimos "Non quero, porque NON".
    Se te tomas a molestia de ver todos os documentos que hai no apartado "Máis información", verás que hai unha manchea de argumentos para opoñerse a esta barbarie.

    ResponderEliminar
  26. Non se pode retratar tanto so para o beneficio económico

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus datos para apoiar o manifesto.

Publicacións populares deste blog

Fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a favor do acceso á documentación