Derbi Valenza-Cereo

Rivais para o fútbol, compañeiros de loita contra a mina


Hoxe celebrouse no campo das Chaves de Valenza o tradicional derbi  Valenza – Cereo. Os dous equipos decidiron limitar a súa histórica rivalidade aos 90 minutos do partido por una causa moi especial: Xogadores e seareiros dos dous equipos quixeron amosar publicamente, posando cunha pancarta, a súa unión á hora de rexeitar o proxecto de mina a ceo aberto, promovido por una multinacional canadense, que ameaza as parroquias de Corcoesto, Cereo e Valenza.

Xuntos colaboraremos en tódalas accións e mobilizacións encamiñadas a paralizar un proxecto que, de levarse a cabo, vai supoñer un grave impacto ambiental e socioeconómico nestas tres parroquias e a súa contorna.

O encontro foi moi disputado, e aínda que o Cereo adiantouse no marcador, o Valenza remontou o encontro ata lograr a vitoria por 3 tantos a 2. Tamén queremos resaltar que tódolos xogadores participantes, así como o árbitro, sobreviviron ao encontro.

Comentarios

  1. A revista especializada Alerta Mineira informa de que dous membres do grupo ecoloxista Hábitat da Coruña están relacionados co lobi que defende a mina de Corcoesto, ver
    http://www.alertaminera.net/2013/01/un-nuevo-escandalo-en-torno-al-caso.html
    Saúdos.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus datos para apoiar o manifesto.

Publicacións populares deste blog

Carta aberta ao señor Franco Grande

Visto bo ambiental da Consellería de Infraestruturas