7 de abril - Tractorada mixta - Ponteceso Cabana
Comunicado da Plataforma
pola defensa de Corcoesto e Bergantiños en relación coa tractorada mixta
O vindeiro domingo 7 de Abril de 2013 a
Plataforma convoca unha tractorada mixta (tractores e coches) que sairá do campo da feira de Ponteceso ás 11 h. e
rematará fronte á casa do concello de Cabana de Bergantiños en A Carballa.
Previamente, deste distintos puntos da comarca
sairán columnas para converxer en Ponteceso.
Esta mobilización está convocada para
protestar pola posíbel implantación dunha grande mina a ceo aberto en Corcoesto
na que se utilizarán enormes cantidades de cianuro para a extracción do ouro (1,7 gramos por cada millón gramos de veta aurífera e que terán que remover case
10 toneladas de rocha para acceder á mesma), as cantidades de cianuro a
utilizar son de unhas dimensións inimaxinábeis:
1,49 toneladas diarias durante os 365 días do ano e durante os 8,1 anos
de explotación previstos pola empresa canadiana Edgewater. Xunto á utilización
do cianuro está a contaminación por arsénico (as vetas están compostas por
arsenopiritas), minerais pesados coma o níquel, chumbo, ferro... que
provocarán non só danos irreparábeis na flora e fauna senón tamén na saúde
humana.
A aprobación desta
minería suporá, en opinión unánime de todos os expertos consultados e que deron
varias charlas e conferencias na comarca de Bergantiños, unha destrución
irreparábel de Corcoesto, Cereo e Valenza, un impacto socio económico de
magnitudes incalculábeis en Bergantiños, o abandono forzado de explotacións agro-gandeiras
e posiblemente dos núcleos de poboación mais próximos así como a permanencia dunha auténtica bomba de
reloxería durante centos de anos, a
chamada balsa de lodos.
Distintas organizacións sociais, sindicais,
ecoloxistas e políticas apoian decididamente esta mobilización entre elas
salientariamos os apoios que nos foron chegando ao longo dos últimos días: Adega, Verdegaia, Rede Galiza Non Se Vende, Senda Nova, Véspera de Nada, Espazo
Ecosocialista, Confederación Intersindical Galega, UC de Ferrol de CC.OO., Sindicato
Labrego Galego, Bloque Nacionalista Galego, Alternativa Galega de
Esquerdas, Compromiso por Galicia, Partido da Terra, Galiza Nova, Foro
Social de Cangas, Instituto de Estudios Bergantiñáns, AA.VV. de Cereo, Contramínate de Laxe, ASC O Iribio, de Triacastela...
Esperemos que o éxito destas mobilizacións e as
futuras fagan recapacitar á Xunta de Galicia e que esta deixe de estar en
conivencia con Edgewater e non aprobe a declaración do proxecto como industrial
estratéxico, faga caso ás voces discrepantes da propia administración pública e
non vaia adiante esta auténtica barbaridade.
Para espallar esta tractorada e usarmos o banner pódese usar o seguinte código:
ResponderEliminar<a href="http://nonaminadecorcoesto.blogspot.com.es/2013/04/1024x768-normal-0-21-false-false-false.html"
title="Tractorada: por un aire puro, sen arsénico nin cianuro. NON á mina de Corcoesto"><img src="http://vesperadenada.org/files/2013/04/Banner-Tractorada-Corcoesto-20130407-mina-ouro-edgewater-cianuro-mineira.gif" alt="Banner tractorada contra a mina de ouro en Corcoesto" title="Tractorada: por un aire puro, sen arsénico nin cianuro. NON á mina de Corcoesto" /></a>
Noraboa pola claridade coa que tedes falado na entrevista en GC. Saúdos.
ResponderEliminar