Río Anllóns. Imaxe de Manusemo Estimado Señor: O motivo que me leva á ousadía de escribirlle é a profunda dor que me producen as súas palabras, na discrepancia co seu amigo X. M. Beiras polo apoio á loita en contra do proxecto mineiro de Corcoesto, pola razón -entendo fundamentada- da mesma. Nacín en Corcoesto, un fermoso leito entre dous vellos montes deses que suavemente ondean debuxando a paisaxe da comarca de Bergantiños, agora ameazada polo proxecto mineiro a ceo aberto que pretende levar a cabo unha multinacional con sede en Vancouver (Canadá, como vostede sabe). Polo momento vivo aquí -sonlle un dos centos de afectados máis inmediatos e un dos moitos milleiros de sensibilizados, ao igual que o señor Beiras- inmerso nunha terrible pero non quieta espera ao tempo que se producen moitos acontecementos, algúns manifestamente en favor desa inminente destrución, outros parece que incomodamente en contra, froito dunha incansable loita social na que me honra...
A Consellería de Infraestruturas emite nota de prensa declarando as bondades ambientais da mina, mais non publica a Declaración de Impacto Ambiental. Como ven sendo habitual, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas actúa como se no canto dun órgano da administración galega fose unha delegación da empresa canadense. É inadmisible que saque unha nota de prensa louvando as bondades da mina ao tempo que lle da o visto bo ambiental sen publicar a correspondente declaración de impacto ambiental. A exposición pública do proxecto xa foi no seu día un despropósito. Unha lei publicada este ano e que regula os proxectos industriais estratéxicos, permitiu aos mineiros canadenses a tramitación conxunta do proxecto e o seu estudo de impacto ambiental nun tempo récord. Os colectivos ecoloxistas tiveron que empregarse a fondo para que o proxecto fose posto ao seu dispor no xeito que marca a lei, aínda que con considerable retraso, e moitas veciñas e veciños que acud...
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus datos para apoiar o manifesto.