Halkidiki, espello de Corcoesto
Intervención de Carmen Varela na Eurocámara |
O pasado mércores, varias persoas desta Plataforma estivemos na Conferencia "Movementos sociais contra a megaminaría en Europa", no Parlamento europeo.
Esta Conferencia tiña como obxectivo chamar a atención das institucións comunitarias sobre as graves repercusións que a minaría está provocando no noso territorio e noutras partes de Europa, e facer presión para que se cumpra a normativa europea. Permitiunos, ademais, coñecer de primeira man outros casos de proxectos salvaxes en Europa, como é o de Halkidiki (Grecia) e o de Rosía Montana (Romanía).
A resolución do Parlamento europeo sobre o uso do cianuro na minaría, que foi aprobada en maio de 2010 pola Eurocámara en maioría, foi rexeitada máis adiante pola Comisión europea. Pero ese rexeitamento debería ter traído consigo a elaboración dunha contraproposta por parte de dita Comisión, que tería que ser levada de novo á Cámara para a súa votación. Normalmente ese proceso non ocupa máis dun ano. No noso caso, como vedes, son 3 os anos que pasaron.
Cal é a explicación desta esaxerada demora? Pode ser debida ás presións dos lobbys mineiros, que estean tratando de dilatar o proceso para, mentres, con axuda dos gobernos locais sumidos na corrupción, aprobar os proxectos antes de que o Europarlamento decida nada ao respecto?
Como sexa, é hora de que a Comisión europea “faga os seus deberes” ao respecto do uso do cianuro da minaría, tal e como alí se lle recordou por parte de varias das persoas que interviñeron.
O feito de que a maioría dos proxectos estean situados no sur de Europa, pensamos que non obedece tanto a unha maior riqueza mineral dos nosos solos, como á situación económica pola que están atravesando os nosos países e ao xogo de poderes que se establece entre os distintos estados e as multinacionais. Preguntámonos se non estaremos pagando “en especies”, e sen que a maioría da poboación teña constancia, unha parte da débeda contraída no seu día polos bancos aos que estamos rescatando a costa de perder o noso poder adquisitivo e os dereitos adquiridos ao longo de moitos anos de loita. E, agora tamén, o noso territorio.
Escoitar falar á xente de Grecia e Romanía foi como mirarse nun espello. Nun espello-máquina do tempo, que reflectía a que posiblemente será a nosa realidade en poucos meses. A medida que se ían debullando os datos de ambos proxectos (nacionalidade da empresa -seguro que a adiviñades-, hectáreas afectadas, toneladas de cianuro diarias, proximidade a áreas incluídas en Rede Natura, material removido en cada explosión, repercusións medioambientais e de saúde humana, o emprego como escusa, a conivencia coas autoridades, a grave afección ao sector agrogandeiro, a absoluta opacidade...), mirábamonos entre nós, para ratificar cada un na cara do outro que estaba sentindo o mesmo: esa sensación de estar escoitando falar do noso a quen fala de algo que está moi lonxe no espazo, pero que por forza está moi preto no corazón. A medida que se ían enumerando os argumentos para opoñerse á barbarie, (eses argumentos que coñecemos hai tempo porque son os mesmos nos que nos baseamos), a onda de solidariedade ía medrando dentro do noso peito.
Especialmente emotiva foi a intervención da muller en cuxa casa entraron, e cuxo fillo adolescente foi detido na súa presenza polo grave delito de opoñerse a que destrúan o seu territorio; ou a do home que, ombro con ombro coa súa muller, acudía día si e día tamén ás manifestacións nas que se encontraba fronte ao seu fillo, que é policía.
Alí, o terreo xa está tomado pola multinacional, e para impedir o acceso ao mesmo por parte dos seus lexítimos propietarios non contratan os servizos de axencias privadas de seguridade, senón que utilizan a policía nacional, pagada a base de impostos polas mesmas persoas ás que lles foi roubada a terra.
Ao igual que pola nosa parte falou a doutora en Química Carmen Varela, por parte do grupo grego fixérono o profesor de Xeoloxía Kyriakos Panagiotopoulos, o enxeñeiro químico Nikos Moschoudis, e o químico Athena Panayiotou. Todos eles coincidían na súa denuncia das graves consecuencias que este tipo de proxectos poden ter para o noso futuro.
Desde a Plataforma queremos agradecer a oportunidade que Ana Miranda, eurodeputada de BNG-ALE, nos proporcionou de expoñer as nosas queixas diante dos membros da Comisión europea, así como de compartir loita coa xente de Halkidiki e Rosia Montana. Non sempre as persoas que se adican á política comprenden que unha parte importante do seu traballo é precisamente esa: dar voz á cidadanía nas institucións.

Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus datos para apoiar o manifesto.