A Xunta de Galicia sométese aos ditados de Mineira de Corcoesto
Río contaminado por vertidos dunha mina en Queenstown |
A Xunta de Galicia sométese aos ditados de Mineira de Corcoesto E NON LLE VAI OBRIGAR A publicar en tempo real e en páxina web os parámetros de calidade das augas en tódolos puntos de vertido, tal e como pedía a D.X. de Conservación da Natureza.
A
Plataforma de Corcoesto vén de ter acceso a un documento do expediente de
tramitación do proxecto mineiro, no que o xerente da empresa, señor Lluis
Boixet, manifesta a súa disconformidade cunha petición que se lle fixera desde
a Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
No
documento, que ten rexistro de entrada do día 5 de novembro, o señor Boixet
afirma que a empresa non quere acollerse a unha das condicións do informe
emitido polo citado organismo, en concreto a esixencia de publicar en tempo
real e en páxina web os parámetros de calidade das augas en tódolos puntos de
vertido.
Ademais,
na súa solicitude afirma o xerente da empresa mineira:
“La
publicación en página web y en tiempo real de la calidad de aguas en los
vertidos sólo se puede comprender si se pretende informar en tiempo real no ya
a la Administración Pública, sino al público en general”
Con
este documento, a empresa pon de manifesto a súa política de opacidade respecto
aos vertidos que se poidan producir na explotación, política de opacidade que
xa nos é familiar por ser a súa tónica habitual de funcionamento.
Pola
nosa parte, entendemos que a negativa a ofrecer esa información non se
xustifica, a menos que se pretenda ocultar ou maquillar os datos reais dos
parámetros de vertido.
Queremos
resaltar o feito de que na DIA emitida pola Consellería posteriormente a ese
escrito, non se recolle ese requisito da Dirección Xeral de Conservación da
Natureza, senón que se establece que as medicións indicadas pola DXCN serán
remitidas a Augas de Galicia mensualmente.
Deste
xeito, a Consellería sométese aos ditados da empresa Mineira de Corcoesto, renunciando así ao seu propio criterio
inicial, e poñendo en cuestión a súa obriga de velar pola calidade das augas
que son de todos nós, así como de aplicar o principio de cautela, tal e como se
recolle na Directiva europea de augas.
Preguntámonos
que é máis grave, se a evidente intención da empresa de ter a ocasión de
manipular os datos dos vertidos, ou a subordinación da Xunta ás ordes da
empresa mineira, en lugar de manter as condicións iniciais e velar polos
intereses dos seus administrados. Esta subordinación bota serias dúbidas sobre
a posible conivencia entre a empresa mineira e a Administración, dúbidas que
unidas a outros indicios que se veñen dando desde a exposición pública deste
proxecto, pensamos xustificarían unha investigación seria sobre este caso por
parte da Fiscalía Anticorrupción.
No
escrito engade tamén o xerente da empresa que
“No
se tiene constancia de proyecto o actividad en Galicia al que se le haya
exigido un condicionado similar, en el que se haga partícipe al público
general, no técnico, de la supervisión técnica en tiempo real de la actividad”.
Entendemos
que facer partícipe ao público en xeral dos datos dos vertidos dunha empresa
destas características debería ser a tónica xeral, e congratulámonos de que a
DXCN teña pensado nese exercicio de transparencia, malia telo descartado logo.
Descoñecemos
se se esixe ou non noutros proxectos ou actividades, pero cremos que a petición
inicial da DXCN é máis que razoable tratándose dun proxecto que vai utilizar
1.490 kg de cianuro de sodio diariamente, traballando nun solo con altísimos
contidos en arsénico, e que se encontra a escasa distancia do LIC Río Anllóns
(parte de Rede Natura), que, de haber algún vertido superior aos límites
establecidos pola lexislación -límites xa de por si bastante flexibles- veríase
indubidablemente en perigo.
Esiximos
da Administración que dea unha explicación pública de por que se renuncia a
someter a empresa ao exercicio de transparencia que se lle esixía nun inicio.
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus datos para apoiar o manifesto.