Visto bo ambiental da Consellería de Infraestruturas
A Consellería de Infraestruturas emite nota de prensa declarando as bondades ambientais da mina, mais non publica a Declaración de Impacto Ambiental.
Como ven sendo habitual, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas actúa como se no canto dun órgano da administración galega fose
unha delegación da empresa canadense. É inadmisible que saque unha nota de
prensa louvando as bondades da mina ao tempo que lle da o visto bo ambiental
sen publicar a correspondente declaración de impacto ambiental.
A exposición pública
do proxecto xa foi no seu día un despropósito. Unha lei publicada este ano e
que regula os proxectos industriais estratéxicos, permitiu aos mineiros
canadenses a tramitación conxunta do
proxecto e o seu estudo de impacto ambiental nun tempo récord. Os colectivos
ecoloxistas tiveron que empregarse a fondo para que o proxecto fose posto ao
seu dispor no xeito que marca a lei, aínda que con considerable retraso, e
moitas veciñas e veciños que acudían aos Concellos afectados viron todo tipo de
trabas para poder estudalo.
A día de hoxe, os
veciños seguen sen coñecer o estado das concesións mineiras (que sospeitan que
poderían estar xa caducadas) a pesar de ter demandada esta información reiteradas
veces dende o pasado mes de agosto, e mesmo ter solicitado o amparo do Valedor
do Pobo.
É ridículo que a
Consellería manifeste que para garantir a
integridade do espazo natural protexido Río Anllóns e salvagardar os
seus valores naturais de posibles afeccións van manter o proxecto de minería ao
aberto con cianuro a unha distancia de 140 metros de dito espazo protexido. Dende
xa convidamos ao Señor Hernández e ao Sr. Feijoo a pasar as súas vacacións de
verán e a aloxarse nalgunha das vivendas de Corcoesto e que están a pouco máis
de 140 metros da mina cando esta estea en explotación. Desexamos que gocen da Rede Natura do Río
Anllóns, que escoiten súa sonoridade natural e respiren o seu puro ar mentres
se levan a cabo algunha dos centos de voaduras anuais proxectadas capaces de
arrancar máis de 37 mil metros cúbicos de material dunha sentada; ou que beban das límpidas augas dos mananciais de Corcoesto (se é que queda
algún) cando o arsénico estea xa debidamente disolvido neles, e que gocen do marisco do estuario do Anllóns
cando a balsa con residuos de cianuro estea a pleno rendemento, ou mesmo a darse un baño nas augas hiperácidas con altos contidos de
metais pesado no lago-pucharca que
pensan construír nun dos buratos...
A plataforma pola
defensa de Corcoesto vai a estudar con detalle a declaración de impacto
ambiental unha vez sexa publicada, e vai
solicitar os informes que avalíen dita declaración. Se, como pensamos, ditos
informes non son congruentes coa protección do ambiente, ímolo denunciar diante
de tódalas instancias, e pediremos as responsabilidades que corresponda, mesmo
penalmente, se hai indicios de prevaricación ou corrupción.
En Corcoesto non
imos permitir que os ignorantes, féridos e duros, imbéciles e escuros destrúan
o noso entorno e o noso modo de vivir.
Mandamos a tomar por cu todo nun abrir e pechar de ollos, multinacionais a merda aquí somos xente sinxela.
ResponderEliminaré possível parar esta desfeita?
ResponderEliminarA luita é o único caminho!
ResponderEliminarPenso igual. A loita é o único camiño q nos queda
ResponderEliminarTerra viva e vida digna para tod@s!
ResponderEliminarhttps://www.youtube.com/watch?v=PW5O1P6VWLs
A minha solidariedade
Oleiros70