O alcalde de Cabana volve denegar o uso do Auditorio á veciñanza contraría ó proxecto mineiro
Despois da negativa a conceder á Plataforma o Auditorio o día 14 para informar á veciñanza, o pasado 1 día 11 de Xuño reiteramos a solicitude do Auditorio para celebrar a conferencia prevista inicialmente, desta volta indicamos 9 datas posíbeis no mes de Xuño para realizar a mesma , voltando a atoparnos con outra negativa rotunda do Alcalde. Se a desculpa na primeira ocasión raiaba na puerilidade neste caso é totalmente surrealista, reproducímola de contado:
Este proceder autoritario e escurantista do Alcalde non é de
agora.Hai un ano denegounos por 2 veces o local de Corcoesto e
só cando se deu conta que ía contra del accedeu a deixalo.Ou cando
mandou á súa Guarda Pretoriana polas casas para identificar os autores dun
panfleto.Despois ocorreu o da nave da empresa, realmente surrealista o seu comportamento “botoulle a culpa ao
goberno de hai 12 anos” nos que el estivo mirando para outro lado en vez de
coidar polo cumprimento da legalidade vixente e voltou a autorizar o seu uso,
despois tivo que retiralo por mor dunha denuncia nosa. A da contaminación das
fontes é de xulgado de garda, ocultar aos veciños e veciñas a contaminación de
certos mananciais publicando só un bando o 31 de Maio nun bar de Corcoesto.
Actuar como xefe de recursos humanos “in pectore” de Edgewater recollendo
curriculums, acudir a ceas coa dirección da empresa das que se gaba o propio
director excutivo de Edgewater.......
![]() |
O alcande Jose Muiño e o Conselleiro de Medio Ambiente no ano 2010 Fonte da fotografía: Grupoescomuniongalicia |
Se teñamos algunha dúbida da
súa total submisión aos ditados de Edgewater despois desta negativa a que os
veciños teñan información para que poidan contrastala coa que difunde el e a
empresa e se lle sumamos: as
declaracións ao programa Reporteiros da
TVG na que esquece intencionadamente, porque ben que coñece a Resolución do Parlamento Europeo contra a minaría basea
no cianuro, a carta ao parlamento europeo no que obvia calesquera argumento
científico poñéndose incondicionalmente do lado da empresa mineira, ,......Só
podemos pensar que o Alcalde non é máis que un fiel colaborador de Edgewater e que actúa aos ditados da mesma. Considera tamén que as
instalacións municipais son unha
propiedade privada do mesmo esquecendo que por riba de todo ten que defender os
intereses dos seus veciños e veciñas e que as dotacións municipais non son do
seu patrimonio. En definitiva actúa como
o que algúns nos séculos XIX e XX denominaron como “cipaios” do poder colonial.
Menudo alcalde. Non cede un local publico, feito cos cartos de tod@s, pra evitar q os seus votantes, non se enteren das verdades q non queren que se coñezcan, verdades que doen a mineira, verdades que contan o que xa sucede noutros lugares do mundo onde se permite este tipo de terrorismo ambiental...pois como sinon se lle pode chamar as megadetonacions que se produciran a diario, provocando nubes de po de arsenico (cancerixeno)que recorreran kilometros e que respiraremos os bergantiñans antes de asentarse nas terras, como chamarlle a unha balsa con millons millons de litros de auga cianurada, que quedaran pra sempre no lugar, ainda que co tempo, como todo nesta vida ten unha caducidade, e as lonas que a impermeabilizan non son unha excepcion, acabaran perdendo a sua estanqueidade e acabarase filtrando as nosas augas co seu conseguinte envenenamento...pero claro esto e mais e mellor que os veciños de Cabana e arredore no sepan, que vivan na ignorancia , pero ai algo que se deberian preguntar: que gana o seu alcalde expoñendo os seus veciños a semellantes peeigos?
ResponderEliminar