O SLG denuncia en Bruxelas o acaparamento de terras pola minaría
A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, o pasado 25 de xuño, na conferencia “O problema da terra en Europa: do acaparamento de terras á reforma agraria” , organizada pola Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) e a Esquerda Unitaria Europea (GUE) no Parlamento Europeo, en Bruxelas. Tamén participaron no evento eurodeputados como Willy Meyer, Patrick Le Hyaric ou Joao Ferreira; representantes da Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) ou Tassos Haniotis, da Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea. O obxectivo da conferencia era o de poñer na axenda política comunitaria o acaparamento de terras, un problema que está a medrar cada vez máis na súa dobre expresión: por unha banda, multinacionais estranxeiras se están a apropiar de miles e miles de hectáreas dentro da UE para a súa explotación, mentres empresas europeas fan outro tanto en terceiros países. A Coordinadora Europea da Vía Campesina expuxo...