Cianuro
![]() |
O cianuro emprégase para separar o ouro do resto de materiais da rocha |
Son
química. Ás veces traballo con miligramos de cianuro sódico baixo altas medidas
de seguridade; hai laboratorios nos que incluso hai que comunicarlle ao médico
cando o vas manipular. Por iso cando me dicían “toneladas”, rebatíalles
“imposible”. Pero, desgraciadamente, si eran toneladas… e diarias.
De
volta en Madrid, púxenme a buscar información sobre o uso do cianuro na
minería. Atopeime argumentos “xustificativos” por parte das empresas mineiras
como “Non é tan fero o león como o pintan. O cianuro prodúceno moitas plantas,
bacterias, fungos e incluso o corpo humano. Fabrícanse unhas 3 millóns de
toneladas ó ano para a industria (plásticos, pegamentos, etc.) das que soamente
un 18% se emprega na minería”. Menos mal que tamén deixaban caer que “é un dos
velenos máis potentes que se coñecen”.
Pois
si, todo iso é certo (menos o do león) pero ten letra pequena. Na industria
emprégase a cantidade estritamente necesaria para o proceso, é dicir, todo o
cianuro que entra, consúmese. Non hai miles, millóns de toneladas de residuos
cianurados como pasa nas minas de ouro. Nestas, o cianuro emprégase para
disolver o ouro, despois sepárano do metal e queda todo como residuo.
E
aquí vén a parte que eu lle chamo “o timo da estampita”. “Non vos preocupedes,
o cianuro descomponse de forma natural cos raios do sol. Aínda así, e para que
vos quededes totalmente tranquilos, nós ímolo destruír con SO2 para
convertelo en cianato que xa non é tóxico”. Isto ten tantos peros que xa non
sei nin por onde empezar.
Primeiro, para que o cianuro se descompoña de forma
natural téñense que dar unha serie de factores que NON se cumpren nas balsas de
residuos. Ademais, ¿alguén se imaxina que, se se descompuxese espontaneamente,
ían gastar un céntimo en destruílo?
A realidade é que no proceso de
lixiviación, é dicir, da extracción/disolución do ouro, fórmanse varios tipos
de “compostos cianurados”. Reciben este nome precisamente porque a maioría
deles non teñen o cianuro libre senón que o teñen complexado, unido, a
distintos metais. No proceso de tratamento co SO2 (que, dito sexa de
paso, hainos moito máis eficientes pero, claro, máis caros -peróxido de
Hidróxeno H2O2, ozono O3-) soamente se destrúen,
e de forma parcial, dous tipos de compostos cianurados: o cianuro libre (CN-
e HCN) e o cianuro WAD (CNWAD, compostos cianurados que se disocian
en presencia dun ácido débil) tódolos demais compostos con cianuro non se
inmutan (CNSAD, complexos insolubles).
Así que aquí fannos o truco
do almendruco porque só miden a cantidade de CNWAD que queda e non o
total. Ese total déixannolo en herdanza para o resto das nosas vidas, da dos
nosos fillos e, moi probablemente, tamén da dos nosos netos.
Como anécdota,
comentar tamén que o SO2 é un gas lacrimóxeno e irritante, causante
da chuvia ácida porque se converte en ácido sulfúrico. Eles, no seu “proceso
INCO”, engádenlle cal para neutralizar este ácido, o que se traduce en máis e
máis residuos. Como vedes, o cóctel é completiño.
E aínda quedaría decoralo co
Arsénico, sosa cáustica, ácido clorhídrico e un largo etcétera. ¿Un groliño?
Carmen Varela. Doutora en química orgánica, traballa no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas.
Carmen Varela. Doutora en química orgánica, traballa no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas.
Enhora boa, Carme, polo teu artigo; Deixa moi clariño os perigos que acarrearía a implantación desa mina no noso territorio. Espero que entre todos consigamos parar ese caramelo envenenado que nos queren dar aos galegos. Traballo si, pero non a costa de calquera cousa, e menos a costa dun dos nosos mellores patrimonios: o natural.
ResponderEliminarOs meus datos son Mª Josefa Lorenzo Torea con DNI 33271438Y.
Bicos
Subscribo totalmente o que di Mª Josefa. Magnífico artigo, Carmen! O meu máis sincero parabén.
ResponderEliminarHoxe os trasnos estamos moi tristes. Eramos felices na nosa ignorancia ata que vimos este video. Por favor trasniños, compartídeo e que a xente vexa realmente o que é unha mina de ouro a ceo aberto...
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=KmsKpaUDrOo
Grazas pola túa achega, Traski!
ResponderEliminarMoi bem debulhado! até eu o entendo! Gostei do artigo mais nom do contido.
ResponderEliminarNom queremos dar em herdança a nossos filhos "Ese total...para o resto das nosas vidas, da dos nosos fillos e, moi probablemente, tamén da dos nosos netos".
Força bergantinháns e bergantinhanas nom podemos permiti-lo!
enhoraboa carmen ti sempre luchando por facer o ben eu tamen estou contigo gracias a personas coma ti vemos a verdadeira realidade e non todo tan bonito como pintan e todo por uns postos de traballo e o traballo esta ben pero non a calquera precio son roci o meu correo e roasoneira@yahoo.es
ResponderEliminar