Publicacións

FESTA DA PATACA 2013 - CORISTANCO

Imaxe
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños estivemos presentes en Coristanco na Festa da Pataca . Quixemos  participar  da celebración engalanando o noso  tractor informativo. Denunciando  a ameaza sobre o cultivo da pataca que supón a explotación dunha mina de ouro a ceo aberto por parte de Mineira de Corcoesto, filial de Edgewater. Os bidóns de cianuro representan a utilización de tóxicos letais na mina e o campo de patacas contaminadas  aluden a un futuro escenario no noso territorio Un numeroso grupo de vecinos e veciñas, de xeito espontáneo, botáronse a camiñar tralo tractor cando a caravana iniciou a marcha,  en silencio, se cadra   precisaron facelo  para expresar  as súas inquedanzas. A multitude que asistía ó acto contemplou a escea có máximo respecto o que demostrou a sensibilidade e o apoio da poboación cara a nosa reivindicación: Mina NON!

RESUMO PRENSA DIXITAL SEGUNDA QUINCENA DE AGOSTO 2013

Pedimos a Conselleira de Medio Rural que faga prevalecer os usos agrícolas, gandeiros e forestais sobre os mineiros

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños vén de presentar un escrito asinado por dúas mil persoas dos concellos de Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Coristanco, no que solicitan á Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, que declare a prevaleza dos usos agrícolas, gandeiros e forestais actuais, xeradores de riqueza e sostibles a longo prazo, sobre os mineiros, e en consecuencia declare a incompatibilidade destes usos coa actividade mineira que se pretende desenvolver. A mina de ouro de Corcoesto afecta a 700 hectáreas de superficie forestal de alta capacidade produtiva, suporá a eliminación total da funcionalidade do solo e provocará un dano irreversible que imposibilitará a recuperación da produtividade actual do monte, tal e como se acreditou con diversos informes técnicos ante a Dirección Xeral de Minas. Neste sentido, especialistas en recuperación de solos que realizaron informes para a Plataforma, indican que o plan de restauración presentado pola empres...

Denunciamos a presunta obtención irregular da empresa "Mineira de Corcoesto" de 350.000 € en subvencións

Desde a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, a través das asociacións de veciños de Corcoesto, Cereo e Valenza, vimos de presentar unha denuncia ante o Ministerio de Industria polo presunto cobro irregular de subvencións por parte da empresa Mineira de Corcoesto, S.L.   A empresa mineira obtivo no ano 2013 unha subvención por importe de 150.000 euros que estaba destinada á execución do proxecto “Investigación complementaria para a definición de novas reservas mineiras e a realización de estudos adicionais de hidroxeoloxía e xeotecnia no xacemento aurífero de Corcoesto 2012/2013”. No ano anterior, a empresa mineira recibira da mesma administración outros 200.000 euros por traballos similares, pero estas subvencións concedidas pola Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, estaban destinadas á realización destes traballos dentro do ámbito das concesións do proxecto mineiro de Corcoesto, iso é, no ámbito das con...

RESUMO PRENSA DIXITAL AGOSTO 2013

Resumo prensa dixital primeira quincena de Xullo 2013

Denuncia dos veciños por delito continuado contra o medio ambiente

As asociacións de veciños de Cereo, Corcoesto e Valenza presentaron no xulgado unha denuncia conxunta, asinada por 249 persoas, contra a empresa mineira por un presunto delito continuado contra o medio ambiente. A denuncia tamén se dirixe contra o Concello de Coristanco, Augas de Galicia, Consellería de Economía e Industria e a Consellería de Medio Ambiente. 77 vivendas quedaron sen auga como consecuencia dos traballos realizados ilegalmente por Mineira de Corcoesto. As asociacións de veciños de Cereo, de Corcoesto e de Valenza, veñen de presentar unha denuncia conxunta no Xulgado de Carballo contra a empresa Mineira de Corcoesto, S.L., contra a súa subcontrata, Terratec Geotecnia y Sondeos, S.L., e tamén contra o Concello de Coristanco, Augas de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e a Consellería de Economía e Industria, por un presunto delito continuado contra o medio ambiente. A denuncia baséase na realización por parte da empresa mineira de Corcoesto, a través da...