Carta aberta ao señor Franco Grande
   Río Anllóns. Imaxe de Manusemo   Estimado Señor:     O  motivo que me leva á ousadía de escribirlle é a profunda dor que me  producen as súas palabras, na discrepancia co seu amigo X. M. Beiras  polo apoio á loita en contra do proxecto mineiro de Corcoesto, pola  razón -entendo fundamentada- da mesma.   Nacín  en Corcoesto, un fermoso leito entre dous vellos montes deses que  suavemente ondean debuxando a paisaxe da comarca de Bergantiños, agora  ameazada polo proxecto mineiro a ceo aberto que pretende levar a cabo  unha multinacional con sede en Vancouver (Canadá, como vostede sabe).  Polo momento vivo aquí -sonlle un dos centos de afectados máis  inmediatos e un dos moitos milleiros de sensibilizados, ao igual que o  señor Beiras- inmerso nunha terrible pero non quieta espera ao tempo que  se producen moitos acontecementos, algúns manifestamente en favor desa  inminente destrución, outros parece que incomodamente en contra, froito  dunha incansable loita social na que me honra...
 
 
 
 
Saludos; he publicado un nuevo artículo en mi blog sobre la situación de la minería en España. Se menciona el caso de Corcoesto. Espero que sea de su interés, por si lo quieren enlazar o reproducir:
ResponderEliminarhttp://rodriguezacevedo.wordpress.com/2013/09/01/oportunidad-de-negocio-pais-hundido-vende-subsuelo/
Afectuosamente,
José Manuel Rodríguez Acevedo