FESTA DA PATACA 2013 - CORISTANCO
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños estivemos presentes en Coristanco na Festa da Pataca . Quixemos participar da celebración engalanando o noso tractor informativo. Denunciando a ameaza sobre o cultivo da pataca que supón a explotación dunha mina de ouro a ceo aberto por parte de Mineira de Corcoesto, filial de Edgewater.
Os bidóns de cianuro representan a utilización de tóxicos letais na mina e o campo de patacas contaminadas aluden a un futuro escenario no noso territorio Un numeroso grupo de vecinos e veciñas, de xeito espontáneo, botáronse a camiñar tralo tractor cando a caravana iniciou a marcha, en silencio, se cadra precisaron facelo para expresar as súas inquedanzas. A multitude que asistía ó acto contemplou a escea có máximo respecto o que demostrou a sensibilidade e o apoio da poboación cara a nosa reivindicación: Mina NON!

Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus datos para apoiar o manifesto.