Publicacións

III Milladoiro por Corcoesto

Imaxe
Os milladoiros eran cheas de pedras colocadas ao pé dalgúns camiños ou cruces de camiños. En moitos lugares existía a tradición de que cando un camiñante pasaba por un determinado lugar, debía botar unha pedra máis á chea, de modo que co paso dos séculos, algúns milladoiros son dunha altura considerable, e formados por miles e miles de pedras. Está moi estendida a opinión de que podería ser unha cristianización dun culto prerromano ás divindades dos camiños das que fala Estrabón, e que se mantivo con forza en época romana grazas ao sincretismo cos deuses viarios. Na loita contra a mina de Corcoesto, en Xuño de 2013 fíxose un acto lúdico cultural na Carballeira de Santa Mariña (Corcoesto) que rematou co levantamento dun MILLADOIRO multicolor, a barbarie pro mina destruíuno aos poucos días. No ano 2014 outra vez a veciñanza da comarca levantou de novo outro MILLADOIRO, que igualmente foi destruido aos poucos días pola barbarie pro mineira. Estes feitos leváronnos a...

Vivir de pe. Pobos na defensa da terra: As Encrobas-Corcoesto

Imaxe
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños organiza un encontro entre As Encrobas (Cerceda) e Corcoesto (Cabana de Bergantiños) o vindeiro sábado 25 de Abril ás 18 horas no Forum de Carballo. O acto consistirá na Proxección do documental “As Encrobas a ceo aberto“. Tendo lugar a continuación unha charla coloquio na que participarán: Xosé Bocixa, realizador do documental. María Pardo, veciña de As Encrobas.   Lola de Baralláns, veciña de Corcoesto. Paco García, voceiro da Plataforma. Separadas por case 40 anos, estas dúas loitas emblemáticas na defensa da nosa terra e das súas xentes, teñen moito en común: a loita contra o capitalismo depredador e o neo-colonialismo das empresas multinacionais. No ano 1975 iniciouse na parroquia rural de As Encrobas, situada no concello coruñés de Cerceda, un conflito agrario que, polo significado que acadou no contexto da fin do franquismo e dos primeiros momentos da transición democrática española, tivo unha g...

Vigo, 18A: Día de acción global contra os tratados de libre comercio e investimentos.

Imaxe
“As persoas e o Planeta antes que o Capital!” será o lema baixo o cal se mobilizará a cidade olívica o vindeiro 18 de Abril que acollerá a mobilización central de Galiza. A campaña Non ao TTIP integrada por ADEGA, A Cova dos Ratos, ACOUGA, ANOVA Vigo-Mos, Asemblea de Movementos Sociais de Vigo, BNG, CIG, ContraMINAcción, Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres, Democracia Real Xa-Vigo, DesPensa, Entremos na Panificadora, ECOAR))), EQUO Galiza, Esquerda Unida, Horta Comunal de Donas, Moeda Social Val Miñor, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Podemos Vigo, RSP-Vigo, TANKOllectif e Verdegaia, convocan a toda a cidadanía e organizacións a mobilizarse o vindeiro 18 de Abril. Vigo sumarase aos millóns de voces que sairán ás rúas en decenas de países de catro continentes no Día de Acción Global Contra os Tratados de Libre Comercio e Investimentos baixo o lema “As persoas e o Planeta antes que o Capital!”. As diferentes accións e mobilizacións son a...

Galeano

Imaxe

O Pleno de Carballo aproba a nosa moción sobre caducidade dos dereitos mineiros

Imaxe
O pasado luns debateuse no pleno municipal de Carballo a moción sobre a caducidade dos dereitos mineiros de Corcoesto que foi presentada a ese Concello pola nosa Plataforma. A moción, asumida e presentada polo BNG, xa que a Plataforma non ten entidade xurídica para presentar mocións nos Concellos, foi aprobada cos votos de BNG e PSOE, a abstención do TEGA e os votos en contra do PP. Nela recóllese a solicitude á Xunta de Galicia da incoación urxente do procedemento para a caducidade dos dereitos mineiros do proxecto de Corcoesto.   En representación do Partido Popular, Núñez Centeno reiterou o seu apoio ao proxecto, afirmando que se chega unha empresa solvente e con garantías vai ter o camiño libre pola súa parte.  Como podedes ver nas imaxes do noso compañeiro Nacho Gándara, un numeroso grupo de activistas da nosa Plataforma estivo presente durante o debate da moción, apoiándoa coa súa presenza. Texto da solicitude de caducidade dos dereitos mine...

Día mundial de acción - 18 de abril de 2015. Non aos TTIP!

Imaxe
Desde a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, apoiamos a chamada a celebrar o día de acción global contra os Tratados de Libre Comercio. A continuación reproducimos a mensaxe do blogue globaltradeday, que podedes visitar pinchando aquí. AS PERSOAS E O PLANETA ANTES QUE O CAPITAL Chamamento de acción global para deter os Tratados de libre comercio e investimentos. Nós, organizacións da sociedade civil, sindicalistas, labregas e labregos, xente moza, activistas de movementos de tódalas partes do mundo, chamamos a un Día global de acción a realizarse o 18 de abril de 2015, co fin de parar os acordos de libre comercio e investimentos, e promover unha economía que funcione para as persoas e o medio ambiente. Ao longo das últimas décadas, as empresas transnacionais e os gobernos impulsaron tratados de libre comercio e investimentos a costas da cidadanía, vulnerando os nosos dereitos e os do medio ambiente. Ao longo das últimas décadas, loitamos pola soberanía alime...

Xornadas: recuperar a soberanía, desarmar o TTIP

Imaxe
A finais deste mes marzo darán comezo as xornadas “RECUPERAR SOBERANÍA, DESARMAR O TTIP”. Trátase dunha serie de actividades abertas a toda a cidadanía, e enmarcadas na campaña global STOP TTIP.  O obxectivo fundamental desta iniciativa e fomentar a análise e difusión das nefastas consecuencias que os tratados de libre comercio (TTIP, TISA, CETA…) poden ter tanto para as persoas como para a biodiversidade. As xornadas, organizadas por ECOAR, compóñense dun ciclo de catro conferencias e unha videoconferencia realizadas por especialistas de diversos eidos, así como outras actividades: videodebate, charlas, proxeccións… O programa previsto é o seguinte: Xoves 26 de Marzo de 2015 (Vigo) Conferenciante: Susan George (activista, escritora, científica socio-política e presidenta da Xunta do Transnational Institute (TNI) Sábado 4 de Abril de 2015 (Vigo) Conferenciante: Albano Dante Fachín (activista e editor de Café amb Llet) Xoves 9 de Abril de 2015 (Santiago de Compost...