Xornadas: recuperar a soberanía, desarmar o TTIP
A finais deste mes marzo darán comezo as xornadas “RECUPERAR SOBERANÍA, DESARMAR O TTIP”. Trátase dunha serie de actividades abertas a toda a cidadanía, e enmarcadas na campaña global STOP TTIP.
O obxectivo fundamental desta iniciativa e fomentar a análise e difusión das nefastas consecuencias que os tratados de libre comercio (TTIP, TISA, CETA…) poden ter tanto para as persoas como para a biodiversidade.
As xornadas, organizadas por ECOAR, compóñense dun ciclo de catro conferencias e unha videoconferencia realizadas por especialistas de diversos eidos, así como outras actividades: videodebate, charlas, proxeccións…
O programa previsto é o seguinte:
- Xoves 26 de Marzo de 2015 (Vigo) Conferenciante: Susan George (activista, escritora, científica socio-política e presidenta da Xunta do Transnational Institute (TNI)
- Sábado 4 de Abril de 2015 (Vigo) Conferenciante: Albano Dante Fachín (activista e editor de Café amb Llet)
- Xoves 9 de Abril de 2015 (Santiago de Compostela) Conferenciante: Ricardo García Zaldívar (activista, Doutor en Economía, profesor na Universidad Carlos III Economía e Presidente de Attac España)
- Martes 14 de Abril de 2015 (A Coruña) Conferencia: Arcadi Oliveres (activista, pacifista, Doutor en Ciencias Económicas e profesor na Universitat Autònoma de Barcelona).
- Data por confirmar Videoconferencia: Florent Marcellesi (investigador, político e activista ecoloxista, europarlamentario por EQUO)
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus datos para apoiar o manifesto.