Publicacións

Importante resposta da Comisión europea sobre a reclamación de Edgewater

Imaxe
Reproducimos, polo seu interese, a pregunta realizada no Parlamento Europeo pola eurodeputada de AGE Lidia Senra, así como a resposta da Comisión. Nelas queda claro que a empresa Edgewater non ten dereito algún a reclamar indemnización polas posibles perdas derivadas da denegación do seu proxecto.  É,por tanto, unha nova estocada para Mineira de Corcoesto. PREGUNTA PARLAMENTAR: Perguntas Parlamentares (Parlamento Europeu, Comissão) 9 de outubro de 2014, E-007767-14 Pergunta com pedido de resposta escrita à Comissão, Artigo 130.° do Regimento Lidia Senra Rodríguez (GUE/NGL) Assunto: Acordo CETA e empresa Edgewater na Galiza O CETA estabelece mecanismos que conferem às multinacionais o direito de apresentar exigências aos governos, quando estes tomam decisões que considerem que afetam os seus negócios. Na Galiza, a empresa canadiana Edgewater pretende obter autorização do governo galego para a exploração mineira de ouro,...

Edgewater perde os dereitos mineiros de Corcoesto

Imaxe
A lei de acompañamento aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, prevé a caducidade dos dereitos mineiros cando se denegue a autorización de explotación. A publicación o pasado día 30 de decembro no Diario Oficial de Galicia da lei 12/2014, de 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, supón un novo e duro golpe para as pretensións da empresa canadense Edgewater e a súa filial, Mineira de Corcoesto, sobre a explotación da mina de ouro no Concello de Cabana de Bergantiños. Esta lei de acompañamento aos orzamentos da comunidade autónoma de Galicia, recolle unha modificación da lei 3/2008 de ordenación da minaría de Galicia, á que engade unha disposición transitoria segunda que remata definitivamente coas expectativas de Edgewater sobre o proxecto mineiro de Corcoesto. Nesta nova disposición  recóllese que as concesións mineiras reguladas pola Lei da minaría de 1973, ás que se lle denegue a autorización de explotación por calquera das causas legais...

O Principado de Asturias rexeita definitivamente o proxecto mineiro de Asturgold en Tapia de Casariego

Imaxe
Desde a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños congratulámonos pola vitoria do colectivo Oro No, compañeiros de loita contra a minaría. Reproducimos, traducida ao galego, a nota de prensa enviada por Oro No aos medios de comunicación: A Plataforma ORO NO quere mostrar a súa ledicia e satisfacción pola decisión do Principado de Asturias, a través da Comisión de Asuntos Medioambientais (CAMA), de emitir unha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) desfavorable para o proxecto de Asturgold en Tapia de Casariego. ORO NO entende que non cabía outra opción máis que rexeitar o proxecto de Asturgold por non cumprir a normativa e ser inviable medioambientalmente, como quedou acreditado por informes técnicos e legais, entre eles, os da Confederación Hidrográfica do Cantábrico. Por outra parte, con esta decisión, respéctase o sentir maioritario da poboación, que vía neste proxecto unha ameaza ao seu entorno, non só ao medioambiente, senón tamén aos seus medios de vida: turismo, gan...

Xornadas "As diferentes vías de acaparamento de terra na Galiza"

Imaxe
Onte finalizaron as xornadas "As diferentes vías de acaparamento de terra na Galiza" , promovidas pola eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGE) , Lídia Senra, e que contou no Parlamento Europeo en Bruxelas ca participación de 55 persoas representantes de distintos colectivos e organizacións que loitan pola defensa do noso territorio .   Momento das Xornadas Nelas levouse a cabo unha exposición das problemáticas e metodoloxías de artellamento de loitas vinculadas á resistencia contra os proxectos mineiros, na que interviñeron: Francisco García Trigo en representación da nosa Plataforma , falando da loita contra a empresa canadiense Edgewater  en Corcoesto, que pretendía sacar adiante unha mina de ouro a ceo aberto que afectaría directamente a tres parroquias: Corcoesto (Concello de Cabana) Valenza e Cereo (Concello de Coristanco).Cunha poboación total directamente afectada duns 1000 veciños, polo que esta actividade medioambientalmen...

Participamos nas xornadas: "As diferentes vías de acaparamento de terra na Galiza", en Bruxelas

Imaxe
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños intervirá no Parlamento Europeo os días 10 e 11 de Decembro A nosa Plataforma foi convidada por Lídia Senra, Deputada da Alternativa Galega de Esquerda en Europa, integrada no GUE/NGL, a participar nunhas Xornadas no Parlamento Europeo os días 10 e 11 de Decembro  co título de  “AS DIFERENTES VIAS DE  ACAPARAMENTO DE TERRA NA GALIZA” . Esta iniciativa pretende levar a Bruxelas as diferentes formas de acaparamento da terra en Galiza, e dar a coñecer as loitas que en diferentes puntos do país se están levando adiante para impedir a apropiación das terras e dos montes por empresas de todo tipo ou para grandes infraestruturas pensadas en función dos seus intereses. Calquera actuación sobre a terra debe ser a de manter a prioridade de producir alimentos e sustentar o dereito do noso pobo a Soberanía Alimentar. A actividade consistirá nun encontro no que persoas dos diferentes  colectivos explicarán como afecta ...

"Los Soprano"

Imaxe
Deixámosvos aquí os vídeos da última intervención no Parlamento galego do deputado de AGE, Antón Sánchez, en relación ao proxecto mineiro de Corcoesto. No primeiro deles vemos como Antón Sánchez pide ao conselleiro de Industria, Francisco Conde, que aclare se son ou non verdade unhas supostas declaracións do director do Igape, Javier Aguilera, transcritas dunhas gravacións feitas pola empresa Mineira de Corcoesto, e incluídas no recurso de reposición presentado por esa empresa. Nestas supostas declaracións o director do Igape afirmaba ter avalado o proxecto da mina a ceo aberto en Corcoesto durante unha cea coa empresa e antes de coñecer o proxecto.   Neste outro, e diante da falta dunha resposta clara por parte do Conselleiro, Antón Sánchez acúsao de "irse polos cerros de Úbeda".  O deputado remata dicindo que "...isto non é Salsa Rosa nin Sálvame de Luxe , é Los Soprano ", en clara alusión aos aparentes trapicheos habidos entre empresa e Consellerí...

Presentación da "Guía para o descenso enerxético

Imaxe
  Nova actividade pública da Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños O Domingo 16 de Novembro ás 11 h. no Local social de Corcoesto (escola de Cures) presentamos a “Guía para o descenso enerxético, preparando unha Galiza pospetróleo" da Asociación Véspera de Nada, baixo a denominación: Volta ao rural: Cómo sobrevivir ao fin da era da abundancia? A Guía presentarase na escola de Cures A presentación da mesma correrá a cargo de Xoán R. Doldán , natural de Ponteceso, profesor de Economía Aplicada da USC, coautor da guía e presidente da Asociación Véspera de Nada. Na mesma abórdase que a civilización industrial afronta o seu colapso a causa da queda irreversible da súa base enerxética principal: o petróleo . Non hai enerxía que poida substituír o petróleo a tempo e na escala precisa para seguir termando da sociedade de consumo capitalista. Galiza , despois dun proceso recente e incompleto de industrialización, atópase con que ese modelo económico e ...