Publicacións
Denuncia dos veciños por delito continuado contra o medio ambiente
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
As asociacións de veciños de Cereo, Corcoesto e Valenza presentaron no xulgado unha denuncia conxunta, asinada por 249 persoas, contra a empresa mineira por un presunto delito continuado contra o medio ambiente. A denuncia tamén se dirixe contra o Concello de Coristanco, Augas de Galicia, Consellería de Economía e Industria e a Consellería de Medio Ambiente. 77 vivendas quedaron sen auga como consecuencia dos traballos realizados ilegalmente por Mineira de Corcoesto. As asociacións de veciños de Cereo, de Corcoesto e de Valenza, veñen de presentar unha denuncia conxunta no Xulgado de Carballo contra a empresa Mineira de Corcoesto, S.L., contra a súa subcontrata, Terratec Geotecnia y Sondeos, S.L., e tamén contra o Concello de Coristanco, Augas de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e a Consellería de Economía e Industria, por un presunto delito continuado contra o medio ambiente. A denuncia baséase na realización por parte da empresa mineira de Corcoesto, a través da...
O ALCALDE DE CABANA DEBERÍA VELAR POLA SAÚDE DOS VECIÑOS
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
A Plataforma Pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños esixe ao Alcalde de Cabana que faga o seu traballo e que vele pola saúde dos veciños. Desde o ano 2011 está consentindo que varios veciños de Corcoesto consuman auga contaminada con arsénico. A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños esixe ao Alcalde de Cabana que en lugar de traballar para a empresa mineira, acudir a Bruselas coma un directivo máis da empresa, e de ir facer o ridículo á concentración convocada por esta fronte ao Parlamento galego, se dedique a facer o seu traballo como Alcalde dos veciños de Cabana. Neste sentido recórdanlle ao Sr. José Muiño que algúns veciños de Corcoesto están bebendo auga contaminada con arsénico co seu coñecemento desde o ano 2011, concretamente das fontes de “as labradas”, “augalavada” e “augalavada 1”, que presentan uns niveis de arsénico segundo información que figura no control preoperacional de augas superficiais de Corcoesto, elaborado por Applus Norcontrol para a emp...
Solicitamos ó Parlamento Europeo que revise a Declaración de Impacto Ambiental.
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Remítelle á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo o informe científico da USC sobre o Arsénico. O informe elaborado polos profesores da USC Dr. David A. Rubinos, Dr. Rosa Devesa-Rey, Dr. Francisco Díaz-Fierros e a Dr. María Teresa Barral, invalida a Declaración de Impacto Ambiental. Máis de 100.000 persoas quedarían expostas ao arsénico, un elemento altamente canceríxeno A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños vén de presentar á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo o informe científico elaborado polos profesores da Universidade de Santiago Dr. David A. Rubinos, Dr. Rosa Devesa-Rey, Dr. Francisco Díaz-Fierros e a Dr. María Teresa Barral, que bota por terra o Estudo de Impacto Ambiental realizado pola empresa mineira sobre o proxecto de Corcoesto, e que, en consecuencia, supón a nulidade da Declaración de Impacto Ambiental que lle outorgou a Consellería de Medio Ambiente, Terri...
Feijoo vele polos intereses de Galicia e non polos de Canadá
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, critica a visita do embaixador de Canadá Jon Allen a Galicia para actuar como lobby mineiro xusto no momento en que a Xunta decide paralizar o proxecto de Corcoesto, por non cumprir os mínimos requisitos técnicos, económicos e ambientais. Para a plataforma non é de recibo que a mina de Corcoesto se poida empregar como moeda de cambio por investimentos ou colaboracións no eido naval, téxtil ou “curiosamente” no eido forestal , cando o que se pretende e arrasar con máis de setecentas hectáreas desta superficie de alta capacidade produtiva no Concello de Cabana de Bergantiños, segundo recoñece a propia lei de montes de Galicia. Segundo a Plataforma “O estreitamento de lazos comerciais non pode levar consigo a venda do noso territorio, non somos un país terceiromundista, os galegos non o imos consentir.” Fonte da imaxen: El pais http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/15/galicia/1373911985_451516.html Recórdanlle a...
Esiximos a nulidade da Declaración de Impacto Ambiental do proxecto mineiro de Corcoesto
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
A raíz da nota de prensa publicada na súa web pola Consellería de Industria, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños solicita a retirada do proxecto e a nulidade da DIA ditada no seu día pola Xunta. Na nota de prensa da Consellería podemos ler que: “De non cumprimentarse axeitadamente os requisitos ambientais, técnicos e económicos, o proxecto sería rexeitado definitivamente e non se continuaría coa tramitación deste. “ Pola nosa parte, pensamos que este recoñecemento oficial de que o proxecto de Edgewater incumpre os requisitos ambientais e técnicos, debería supoñer por parte das autoridades a inmediata retirada dunha DIA que, como eles mesmos recoñecen implicitamente, foi ditada de maneira inadecuada. Así mesmo, esiximos que, se esta empresa quere levar adiante o seu proxecto, elabore un novo EIA completo, con todos os informes pertinentes, e o presente de novo a exposición pública. Non é de recibo que, despois de ditar unha DIA favorable, s...
A Xunta NON autoriza a mina de Corcoesto por falta de garantías
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Despois de meses de loita e duro traballo por parte de asociacións, colectivos e moitas persoas anónimas que dedican o seu tempo libre a loitar contra esta barbarie de forma altruísta, onte ó fin tivemos unha boa noticia, a Xunta publicou unha nota de prensa có seguinte: A Xunta non autoriza o proxecto mineiro de Corcoesto e condiciónao ao cumprimento de maiores garantías técnicas e económicas Din que a Consellería de Economía e Industria mantivo un encontro onte con representantes da empresa mineira de Corcoesto no que se lles trasladou que a administración non autoriza o proxecto mineiro de non cumprir as máximas garantías de viabilidade técnica e económica. A xunta solicita á empresa que acredite unha solvencia mínima do 25% de fondos propios sobre o investimento do proxecto e un compromiso en firme do resto do financiamento, así como a documentación que acredite a capacidade técnica da empresa para desenvolvelo. De non cumprimentarse axeitadamente os requisitos amb...