Estamos con Máxima!
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños solidarízase coa loita de Máxima Acuña fronte a multinacional mineira Yanacocha
Desde a Plataforma estamos con Máxima |
Lonxe de ser unicamente unha
causa legal, o caso Máxima contra Yanacocha (filial de NewmontMining) está no centro dun problema político que sacudiu Cajamarca
e o Perú nas últimas décadas: a relación entre os grandes
investimentos mineiros e os dereitos das familias e comunidades
campesiñas que non desexan o desenvolvemento de actividades
extractivas na súa contorna.
Unha vez un mineiro díxolle a
Máxima Acuña que se estaba ao lado da mina ía ter o ceo, pero que
se se puña en contra ía terminar esmagada, tal como un elefante
esmaga a unha formiga.
A súa casa queda fronte á
Lagoa Azul, unha das lagoas que serán afectadas o Proxecto Mineiro
Conga e que forma parte da cabeceira de conca de Celendín: esta
lagoa é o corazón de moitos ríos que irrigan o campo onde miles de
campesiños sementan e cultivan a terra. E desa terra nace o noso
alimento.
Máxima vive alí, arriba,
onde nace a auga e o sol, entre choivas torrenciais e brétema
turbulenta, entre ambiciosos mineiros e corrompidos "axentes da
lei": Aquí naceu a súa coraxe.
Como unha muller enfrontada ao
poder dunha gran empresa converteuse nun símbolo para os
cajamarquinos, e para todos os que loitan por defender o medio
ambiente contra a barbarie.
O 2011 foi para Máxima Acuña
o ano do inicio dunha batalla desigual contra a poderosa mineira
Yanacocha, que tenta tomar control dos seus terreos, descoñecendo,
alega Acuña, o certificado en que consta que ela adquiriu a
propiedade á comunidade de Sorocucho. Estas terras, nas que ela vive
e traballa coa súa familia desde 1994, son contiguas á Lagoa. A
historia previa é que a empresa quixo comprar e Máxima non quixo
vender.
Máxima e a súa familia foron
atacados por policías en varias ocasións, as máis graves en maio
e en agosto de 2011. Houbo queimas, desfeitas; operarios introduciron
maquinaria nos seus terreos, os seus fillos foron golpeados. Pero ela
non soportou en silencio o abuso, denunciou unha e outra vez.
O pasado 3 de febreiro de
2015, o avogado Máxima Acuña dixo á prensa que polo menos 200
policías entraran nas súas terras en Tragadero Grande (Sorochuco,
Cajamarca) e derrubaron a ampliación da casa desta, realizada para
reforzar a estrutura da vivenda contra as choivas.
Máxima Acuña é nun símbolo
na loita contra os abusos da megaminería e na defensa da súa terra
fronte a barbarie destrutiva do colonialismo.
TODOS E TODAS SOMOS MÁXIMA
ACUÑA
CONGA NON VAI!!!!
Corcoesto 10 de Febreiro de
2015
Comentarios
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus datos para apoiar o manifesto.