Publicacións

I Encontro galego sobre os impactos da minaría

Imaxe
O I Encontro Galego sobre os impactos da minaría  celebrarase en Teo Teo acollerá esta fin de semana o I Encontro Galego sobre os Impactos da Minaría Varias organizacións sociais de diversos ámbitos (ecoloxistas, agrarias, colectivos de oposición ás minas...) organizan este sábado, 16 de febreiro, o primeiro Encontro Galego sobre os Impactos da Minaría.  O obxectivo desta xornada é compartir distintas visións ao redor dunha problemática que está a medrar de xeito exponencial na Galiza nos últimos anos: a concesión de licencias para a explotación mineira de terras, prevalecendo os intereses empresariais duns poucos, a costa dun impacto irreparable nos usos de eidos (forestais, agrícolas, sociais, medioambientais, infraestruturas...) que afecta a miles de persoas. De Bergantiños á Limia, da Terra Chá ao Xallas, a ...

Cianuro e minería: Verdades demostradas

Imaxe
O derrame de cianuro de Baia Mare afectou a tres países. Fonte da imaxe. Case unha trintena de elementos químicos (Fe, Ni, Cu, Zn, Co, Cd, Ag, Hg, As,...) poden formar centos de complexos cianurados. A toxicidade de moitos destes complexos NON se coñece. Precisamente se emprega a clasificación “Cianuro WAD” e “Cianuro SAD” nas análises dos procesos de cianuración para evitar ter que proporcionar información analítica detallada sobre cada un destes compostos cianurados (Marsden e House, 1993). O enxeñeiro Marcelo R. Bellini, autor da tese “Degradación Microbiana de Cianuros”, un prominente defensor das actividades da minería con procesado químico, afirma que “ non existe un método químico que resolva, dende o punto de vista técnico (degradación de tódalas formas cianuradas) e de maneira económica, o problema dos residuos cianurados da industria mineira ”. Isto constátase con feitos como os seguintes:  No 2000, en Baía Mare (Romanía), un derrame de residuos cianurados ar...

A Plataforma presenta recurso de reposición contra a DIA

Imaxe
A Plataforma ven de presentar recurso de reposición. Imaxe de controlarms. Afectados e titulares de bens e dereitos situados no ámbito da explotación da mina de ouro de Corcoesto veñen de presentar un recurso de reposición contra a Declaración de Impacto Ambiental.   A Plataforma pola Defensa de Corcoesto presentou este venres un recurso de reposición contra a Declaración de Impacto ambiental da mina de ouro de Corcoesto que foi subscrito por máis de 2.000 afectados e titulares de bens e dereitos situados no ámbito da explotación mineira, entre os que se atopan os titulares de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais dos Concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso.  O recurso fundaméntase na falsidade ou ocultación interesada de datos no Estudo de Impacto Ambiental elaborado pola empresa mineira.  Este feito constitúe unha vulneración flagrante do Real Decreto Lexislativo 1/2008 polo que se aproba o texto refundido de Avaliación de Impacto...

Resumo da prensa dixital de xaneiro

Aquí vos deixamos un resumo das novas máis salientables que sobre o proxecto mineiro de Corcoesto saíron na prensa dixital durante o mes de xaneiro. Pinchade na imaxe para velo en grande.

Cianuro

Imaxe
O cianuro emprégase para separar o ouro do resto de materiais da rocha Nadal 2012. Nunha de tantas sobremesas coa familia, alguén comenta “a ver que pasa co da mina de ouro” . Son de Cereo, vivo en Madrid e era a primeira vez que oía falar do tema. Non me sabían dar moitos datos, pero dixéronme a palabra clave: CIANURO. Son química. Ás veces traballo con miligramos de cianuro sódico baixo altas medidas de seguridade; hai laboratorios nos que incluso hai que comunicarlle ao médico cando o vas manipular. Por iso cando me dicían “toneladas”, rebatíalles “imposible”. Pero, desgraciadamente, si eran toneladas… e diarias. De volta en Madrid, púxenme a buscar información sobre o uso do cianuro na minería. Atopeime argumentos “xustificativos” por parte das empresas mineiras como “Non é tan fero o león como o pintan. O cianuro prodúceno moitas plantas, bacterias, fungos e incluso o corpo humano. Fabrícanse unhas 3 millóns de toneladas ó ano para a industria (plásticos, pegamentos, et...

Derbi Valenza-Cereo

Imaxe
Rivais para o fútbol, compañeiros de loita contra a mina Hoxe celebrouse no campo das Chaves de Valenza o tradicional derbi  Valenza – Cereo. Os dous equipos decidiron limitar a súa histórica rivalidade aos 90 minutos do partido por una causa moi especial: Xogadores e seareiros dos dous equipos quixeron amosar publicamente, posando cunha pancarta, a súa unión á hora de rexeitar o proxecto de mina a ceo aberto, promovido por una multinacional canadense, que ameaza as parroquias de Corcoesto, Cereo e Valenza. Xuntos colaboraremos en tódalas accións e mobilizacións encamiñadas a paralizar un proxecto que, de levarse a cabo, vai supoñer un grave impacto ambiental e socioeconómico nestas tres parroquias e a súa contorna. O encontro foi moi disputado, e aínda que o Cereo adiantouse no marcador, o Valenza remontou o encontro ata lograr a vitoria por 3 tantos a 2. Tamén queremos resaltar que tódolos xogadores participantes, así como o árbitro, sobreviviron ao enc...

Mineira de Corcoesto, denunciada por invasión e danos

Imaxe
Mineira de Corcoesto denunciada por invasión e danos nas propiedades sen autorización dos seus propietarios Ante a desatención reiterada por parte dos representantes da empresa Mineira ás súas queixas, veciños de Corcoesto veñen de denunciar os danos ante as Autoridades da Garda Civil, que fixeron acto de presenza nos montes afectados para constatar os feitos e tomar as imaxes que acompañan as dilixencias da infracción penal contra Mineira de Corcoesto. O primeiro contacto dos afectados coa empresa Mineira a raíz destas prácticas foi para requirila a que se retirasen unhas cintas de demarcación dentro de tres montes da súa propiedade no lugar de Baralláns, no linde das concesións mineiras, das que tiveron constancia no pasado mes de decembro, alertados por veciños propietarios das parcelas colindantes, que tamén desaproban estes atentados contra as súas propiedades. A empresa Mineira non só fixo caso omiso deste primeiro requirimento, senón que a maiores colocaron co...